Acme (do grego ακμή akmé, 'punta', 'cumio', 'vigor', a través do latín científico acmē) pódese referir a:

En medicina: a fase de maior intensidade no desenvolvemento dunha enfermidade (sendo, neste sentido, sinónima de climax). na febre, a máxima temperatura acadada.

En paleontoloxía: o punto culminante do desenvolvemento dunha especie, ou outro taxon, no curso da súa evolución.

Toponimia Acme, localidade de Alberta (Canadá). Acme, localidade de Míchigan (EUA); Acme, localidade de Washington (EUA);

Véxase tamén ACME, empresa ficticia da banda deseñada e animación.