Brent Ward Jett Jr., nado en Pontiac, Míchigan, o 5 de outubro de 1958, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-115, STS-72, STS-97 e STS-81.

Traxectoria Jett graduouse en enxeñería aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1981 e é máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1989.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en marzo de 1992. Participou nas misións STS-115, STS-72, STS-97 e STS-81. De novembro de 2007 a febreiro de 2011 foi director de operacións de voos tripulados no Centro Espacial Johnson e de marzo de 2010 a xaneiro de 2013 foi xerente adxunto do programa de voos comerciais tripulados da NASA. Deixou a NASA en xaneiro de 2013.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-115 STS-72 STS-97 STS-81

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados no condado de Oakland, Míchigan