Jhulia Karol dos Santos Días da Fonseca, nada no concello de Terra Santa, Pará o 18 de setembro de 1991, é unha atleta paralímpica brasileira da clase T11, para atletas con deficiencia visual. Representou ó Brasil nos Xogos Paralímpicos de Verán de 2012 en Londres, onde conquistou unha medalla de bronce na proba de 100 metros T11. Tamén é medallista de múltiples campionatos mundiais e parapanamericanos, con cinco medallas en catro torneos. Nos Xogos Parapanamericanos de 2019 celebrados en Lima obtivo a medalla de ouro na proba de 400 m da categoría T11 cunha marca de 58,93.

Notas

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no estado do Pará Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2012 Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce polo Brasil