Amy Heckerling, nada en Nova York o 7 de maio de 1954, é unha directora de cinema estadounidense. Alumna da Universidade de Nova York e do American Film Institute, dirixiu filmes de éxito comercial como Fast Times at Ridgemont High, National Lampoon's European Vacation, Mira quen fala e Clueless.

Heckerling recibiu a medalla Franklin J. Schaffner Alumni da AFI polo seu talento creativo e logros artísticos.

Vida persoal Heckerling saíu co director Martin Brest cando marchou vivir aos Ánxeles. Aínda que posteriormente romperon a relación, continuaron a ser bos amigos. O primeiro matrimonio de Heckerling foi con David Brandt, entre 1981 e 1983. En 1984, Heckerling casou co director Neal Israel, do que se divorciou en 1990. A filla da parella, Mollie Israel, naceu en 1985. A Mollie fixéronlle crer que Israel era o seu pai biolóxico ata 2004, cando lle revelaron que de feito o seu pai biolóxico era Harold Ramis. Heckerling incluíu a Mollie nalgúns dos seus filmes en pequenos papeis, aínda que afirma que a súa filla nunca quixo ser unha "girly girl" e distanciouse moito do seu traballo. A pesar diso, as dúas lévanse moi ben e Mollie adoita presentar á súa nai música nova, como OK Go, e filmes. Mollie é cantante do grupo The Lost Patrol. Heckerling vive entre Os Ánxeles e Nova York.

Heckerling é unha das poucas mulleres que dirixiu múltiples filmes de éxtio comercial. Cando se lle preguntou polo feito de que só o 5% dos filmes están dirixidos por mulleres, Heckerling afirmou:

Alegación de mala conduta sexual O actor e cómico Chris Kattan afirmou no seu libro de memorias de 2019 Baby, Don't Hurt Me: Stories and Scars from Saturday Night Live que Lorne Michaels lle metera presión para manter relacións sexuais con Heckerling a cambio de que ela dirixise o filme de 1998 A Night at the Roxbury (aínda que finalmente só o produciu). A filla de Heckerling discute esta afirmación dicindo que, aínda que Heckerling e Kattan tiveron unha relación, foi cando o filme xa estaba rodado.

Filmografía Ano Filme Ocupación Notas 1977 Getting It Over With Directora / Guionista Curtametraxe, filme de tese do AFI 1982 Fast Times at Ridgemont High Directora 1984 Johnny Dangerously Directora 1985 National Lampoon's European Vacation Directora 1986 Fast Times Produtora / Directora / Guionista Serie de televisión baseada en Fast Times at Ridgemont High; directora e guionista de tres episodios 1988 Life on the Flipside Produtora Telefilme 1989 Mira quen fala Directora / Guionista 1990 Mira quen fala tamén Directora / Guionista Coescrito con Neal Israel 1991-92 Baby Talk Cocreadora; Guionista Serie de televisión (35 episodios) 1993 Look Who's Talking Now Produtora 1995 Clueless Directora / Guionista / Produtora 1996-99 Clueless Creadora; Produtora / Directora / Guionista Serie de televisión (62 episodios); produtora da primeira temporada; directora e guionista de catro episodios 1998 A Night at the Roxbury Produtora 1999 Molly Produtora executiva 2000 Loser Directora / Guionista / Produtora 2005 The Office Directora Serie de televisión; dirixiu o episodio "Hot Girl" 2007 I Could Never Be Your Woman Directora / Guionista 2012 Vamps Directora / Guionista 2012 Gossip Girl Directora Serie de televisión; dirixiu os episodios "Father and the Bride" e "Monstrous Ball" 2015-17 Red Oaks Directora Serie de televisión; dirixiu os episodios "Body Swap", "After Hours", "The Bris", "Independence Day", "Samwich" e "A Little Business Proposition"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Hurd, Mary G. Women Directors and Their Films. Westport, Conn: Praeger, 2007. Print. Jarecki, Nicholas. Breaking In: How 20 Film Directors Got Their Start. 2001. 142–156. Print. Singer, Michael. A Cut Above. 1998. 81–85. Print.

Categoría:Nados no Bronx Categoría:Nados en 1954 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América