El primer loco: cuento extrañoEl primer loco: cuento extraño en Galiciana, Biblioteca de Galicia. é unha novela en lingua castelá da escritora galega Rosalía de Castro, asinada en Lestrove (Padrón) en febreiro de 1881, publicada orixinalmente pola Imprenta y Librería de Moya y Plaza de Madrid ese mesmo ano.El primer loco na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. O libro foi reeditado en facsímile en 2019 por Alvarellos Editora, con estudo introdutorio de María do Cebreiro e Germán Labrador.
Descrición Dividida en catro capítulos, está ambientada no mosteiro (hoxe hospital psiquiátrico) e na carballeira de Conxo, que anos antes acollera o famoso Banquete de Conxo.
A obra é un diálogo, case un monólogo, entre Luís, o protagonista, e o seu amigo Pedro. Luís conta as súas desgrazas amorosas coa fermosa Berenice. Como a coñece cando a familia dela se muda fronte por fronte da casa do protagonista, como a segue cando marcha ao mosteiro de Conxo a descansar no verán. Os seus encontros no bosque contiguo ao mosteiro, as cartas cheas de paixón e, por fin, o desengano.
Pedro actúa como contrapunto ao amor tolo de Luís. Cuestiona se Berenice non tería tanta fachenda como fermosura, se as súas cartas non serían máis que pobres copias das poéticas e sinceras cartas de Luís. En definitiva, se o amor que Luís considera puro, verdadeiro e apaixonado non será máis que a proxección que el mesmo fixo dos seus sentimentos nunha muller fermosa pero, en definitiva, descoñecida.
Edicións 1881. Imprenta y Librería de Moya y Plaza, Madrid. Inclúe El domingo de Ramos. 1980. Editorial Fontamara. Barcelona. 128 páxinas. ISBN 84-7367-123-6. 1991. Patronato Rosalía de Castro. 116 páxinas. ISBN 84-87668-04-6. Edición de Angel Abuín González. 2008. Editorial Eneida. Madrid. 132 páxinas. ISBN 978-84-95427-21-2. 2009. Editorial Eneida. Madrid. Libro electrónico. ISBN 978-84-92491-44-5. 2016. CreateSpace (Amazon). ISBN 978-1535097468. Edición de Héctor Martínez Sanz. 2019. Alvarellos. Facsímile, 280 páxinas. ISBN 978-84-16460-58-8. Con estudo de María do Cebreiro e G. Labrador e fotografías de D. Estévez. Así mesmo, foi incluído na Obra completa (1992) de Ediciones AkalArmiño, Mauro (1980). Obra completa. Madrid, Akal, t. III, pp. 351-440. e nas Obras completas (1993) de Turner.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
AAVV (1986). Actas do congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, v. 1. CCG. USC:
Outros artigos Banquete de Conxo Literatura do Romanticismo
Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 1881 Categoría:Obras literarias de Rosalía de Castro Categoría:Libros no dominio público Categoría:1881 en Galicia