miniatura|Esquema dos satélites KH-3. KH-3 (Keyhole-3) ou Discoverer, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA.
Historia Os KH-3 foron a terceira versión dos satélites Corona dos Estados Unidos para poñer en marcha unha serie de satélites de recoñecemento óptico. A carga útil de cada KH-3 consistía nunha cámara Corona panorámica mellorada e unha cápsula de retorno para enviar a terra a película fotográfica usada pola cámara. A cámara tiña unha apertura de f/3.5 e unha lonxitude focal de 61 cm, cunha resolución de 7,5 m.
Os satélites estaban baseados na etapa superior do foguete Agena B, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra. A cápsula era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado.
Lanzáronse seis KH-3 entre 1961 e 1962, todos mediante foguetes Thor Agena B. O último, que ademais estaba modificado cunha estrutura na parte frontal como prototipo dos KH-4, non chegou a órbita.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasKH-3 130 de agosto de 1961Thor Agena BÉxitoKH-3 212 de setembro de 1961Thor Agena BÉxitoKH-3 317 de setembro de 1961Thor Agena BÉxitoKH-3 413 de outubro de 1961Thor Agena BÉxitoKH-3 512 de decembro de 1961Thor Agena BÉxitoKH-3 613 de xaneiro de 1962Thor Agena BFallo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos KH-1 KH-2 KH-4 KH-5 KH-6 KH-7 KH-8 KH-9 KH-10 KH-11 Thor Agena B Agena B
Categoría:Satélites artificiais