O Anllóns, anteriormente chamado río Ber, é un río galego da vertente atlántica que nace nos montes do Xalo entre Mantiñán, A Laracha, e a Ermida, Culleredo.Anexo 7: Geomorfología - Augas de Galicia , a uns 400 metros de altitude. Outros autores indican que nace na fonte de Miguel Belido na parroquia de Soandres (A Laracha), e desemboca na ría de Corme e Laxe. Ten unha lonxitude de 54,4 km.

O tramo de río e as súas ribeiras que van desde Carballo e Coristanco ata case a ría de Corme e Laxe. Foi declarado como zona especial de conservación (ZEC) Zona especial de conservación do Río Anllóns en 2014.

Toponimia O topónimo Anllóns podería provir de *, do latín angulus, que faría alusión aos meandros da súa desembocadura.

Descrición Nace na pedra de Santa Marta nos montes do Xalo, entre Mantiñán (A Laracha) e a Ermida (Culleredo), ou segundo outros autores na fonte de Miguel Belido en Soandres (A Laracha).

Percorrido Percorre 54,4 km polos concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños e Ponteceso.Río Anllons :: El río de la comarca de Bergantiños

Afluentes Recibe as augas dun bo número de regatos como o Rosende, Graña, o Quenxe, o Acheiro, o Abaixo, o Queo ou o Bertón, durante o curso alto. Tras pasar o monte Neme recibe as augas do Gándara, o Bandeira, o Vao, o Calvar, o Portecelo ou o Batán. No curso baixo, tras pasar Verdes, os rápidos fan que acelere a súa velocidade. Nesta zona recibe as augas do Lourido, o Ponteceso, o Prados ou o Bouzas. Xa na desembocadura recibe a auga do rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que hai nel.

Réxime hídrico O seu caudal medio é de 9.931 m³/s.

Intervención humana

Construcións No Anllóns atópanse os coñecidos muíños da Saimia. Hoxe en día xa non traballan, aínda que as súas instalacións están en pé.

Aproveitamento No concello de Ponteceso atópase o encoro de Anllóns, da empresa Hisdrospania, e no de Cabana de Bergantiños o de Corcoesto, de Gas Natural Fenosa.

Galería de imaxes Vexa o artigo principal na Galería de imaxes do río Anllóns

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Zona especial de conservación do Río Anllóns Ríos de Galicia Lista de encoros de Galicia Ligazóns externas Río Anllons: El río de la comarca de Bergantiños

Categoría:Río Anllóns Anllóns