O castelo do Castro de Ouro é unha fortaleza de orixe medieval situada na parroquia do Castrodouro, no concello de Alfoz do Castrodouro e debe a súa fama á súa relación co mariscal Pardo de Cela.
Historia Edificado sobre un antigo e importante castro romano, pertenceu ao longo da Idade Media á Mitra mindoniense, despois de preitearen os veciños de Alfoz pola súa propiedade, e de ser precisa e decisiva a intervención dos Reis.
Cando a finais do século XV degolan a Pardo de Cela, era mariscal o seu dono por mor, probablemente, de formar parte do dote da súa voda. Cando en decembro do 1483 Pero Pardo de Cela foi axustizado, volve ao poder da Mitra mindoniense, a cal, rexida polo bispo Diego de Soto, entre os anos 1546 e 1549, fai reformas. O Padre Flórez expresa que:
Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos Reis Católicos –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se fose derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.
Actividades miniatura|240px|Vista lateral da torre, e ruínas ao fondo. No verán do ano 2006 celebráronse no castelo de Castrodouro unhas xornadas sobre Pardo de Cela.
O Castrodouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a Frouseira son lugares mitificados -tal e como di o profesor da Universidade de Santiago Carlos Barros- pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista. Notas
Véxase tamén Outros artigos Castelos de Galicia
Ligazóns externas Debate de Carlos Barros
Castrodouro Categoría:Alfoz do Castrodouro Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo