miniatura| Macizo etíope cerca Aksum O macizo etíope é unha masa de montañas en Etiopía, Eritrea e o norte de Somalia no leste de África. O macizo etíope é a maior área continua desta altitude en todo o continente, con pouca superficie inferior aos 1500 metros de altitude; os picos alcanzan os 4550 metros. A miúdo chámase o "teito de África".Paul B. Henze, Layers of Time (Nova York: Palgrave, 2000), p. 2.
Xeografía O macizo está dividido nas partes do noroeste e do sueste polo Val do Gran Rift, que contén un gran número de lagos salgados. A parte noroeste cobre a rexión de Tigray e a rexión de Amhara e inclúe as montañas Semien, parte delas dentro dun parque nacional. O seu pico máis alto é o Ras Dashan (4550 m), que é o punto máis alto de Etiopía. O lago Tana, fonte do Nilo Azul, tamén se atopa na parte noroeste da meseta.
A parte sueste atópase na zona de Bale de Etiopía, rexión de Oromia. As montañas de Bale son tamén un parque nacional con altitudes duns 4000 metros como o monte Tullu Demtu (4337 m), segundo punto máis alto de Etiopía.
Ecoloxía Debido á súa grande altitude, esta parte de Etiopía ten un clima temperado, a pesar de estar preto do ecuador; ademais, as montañas capturan as choivas monzónicas do océano Índico cunha estación húmida que vai dende xuño ata mediados de setembro.Unha explicación deste padrón especial de choivas pódese atopar en Ethiopia: Drought intensifies during corn and sorghum harvest (ReliefWeb) Grazas a estas choivas o Nilo ten augas altas no verán, o que sorprendeu aos antigos gregos.
O macizo ten unha flora e fauna similares a outras rexións de montaña africana; coñecida como Afromontana, mais no momento da última glaciación tiña algunha flora paleártica eurasiática. Divídese en tres ecorrexións diferentes segundo a altitude. A ecorrexión do bosque montañoso etíope entre 1100 e 1800 metros, en pradeiras e sabanas de monte baixo. O Kolla é un bosque aberto dominado por especies de Terminalia, Commiphora, Boswellia e Acacia. O Weyna Dega é un bosque de zonas máis altas e húmidas dominadas por coníferas Afrocarpus gracilior e Juniperus procedra. No bosque de Harenna hai bosques con Warburgia ugandensis, Croton macrostachyus , Syzygium guineese e Afrocarpus gracilior, coa Coffea arabica silvestre como arbusto dominante.
O prado e a matogueira de montaña é o máis extenso dos biomas do macizo; ocupa unha superficie comprendida entre os 1800 e os 3000 metros sobre o nivel do mar. A vexetación natural é un bosque denso nas zonas máis húmidas e pradeiras e matogueiras en seco. Non obstante, esta área ten bos solos e está moi poboada con poucas zonas non agrícolas, incluída a capital, Adís Abeba. Os bosques restantes teñen especies de Podocarpus e Juniperus procera, a miúdo con Hagenia abyssinica. No bosque de Harenna hai áreas de Pouteria e Olea con lianas e epífitos. Por riba dos 2400 metros hai unha zona arbustiva con Hagenia, Schefflera e lobelias xigantes (Lobelia gibberroa). O bosque perenne das montañas de Semien entre os 2300 e os 2700 metros está dominado por Syzygium guineense, Juniperus procedra e Olea africana.
Hai moitos réptiles, aves e animais endémicos como a Capra walie. O Tragelaphus buxtoni está restrinxido ao sur. Tamén hai Colobus guereza, Papio anubis, o chacal dourado, o leopardo, Crocuta crocuta, o caracal, o serval, Sylvicapra grimmia e Potamochoerus porcus.
Por riba dos 3000 metros atópanse as turbeiras de Etiopía, que están sobre a liña das árbores ou da liña de crecemento das árbores, e son pradeiras e turbeiras con moitas gramíneas e algúns arbustos; hai animais endémicos como Canis simensis e Tachyoryctes macrocephalus.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ethiopian montane forests (World Wildlife Fund) Ethiopian montane grasslands and woodlands (World Wildlife Fund) Ethiopian montane moorlands (World Wildlife Fund) Ethiopian Wolf Conservation Programme
Categoría:Accidentes xeográficos de Etiopía Categoría:Accidentes xeográficos de Eritrea Categoría:Xeografía de Somalia