Al-Fakik é un cráter de impacto no hemisferio norte da lúa de Saturno, Encélado. Al-Fakik foi observado por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Cassini durante a misión de sobrevoo de Encélado, acontecida en febreiro de 2005. Está situado a 35,52 ° N e 306,55 ° O, e ten un diámetro de 15,2 quilómetros. A topografía do cráter de impacto aparece moi afundida, suxerindo que o cráter sufriu unha significativa relaxación viscosa dende a súa formación. Ademais, as fracturas perturbaron a marxe sueste do cráter.

Al-Fakik leva o nome do irmán cego e linguateiro do barbeiro de Bagdad, cuxa historia está narrada nos contos das Mil e unha noites.

Notas

Categoría:Encélado Categoría:Cráteres