Aloidendron é un xénero de plantas suculentas da subfamilia Asphodeloideae. Aínda que algunhas teñen aspecto de árbore, en realidade están relacionadas cos áloes. O xénero foi separado do xénero máis amplo Aloe en 2013.
Taxonomía Os estudos filoxenéticos indicaron que varias especies que estaban situadas tradicionalmente no xénero Aloe eran xeneticamente distintas e formaban un clado separado. En 2013, estas especies foron separadas e clasificadas nun novo xénero, Aloidendron, unha decisión que foi confirmada por Manning et al. en 2014.
Especies En 2017, a World Checklist of Selected Plant Families aceptaba as seguintes especies dentro deste xénero:
Imaxe Nome científico Distribución 120px Aloidendron barberae (Dyer) Klopper & Gideon F.Sm. En Suráfrica da provincia do Cabo Oriental ata o antigo Transkei, KwaZulu-Natal, Eswatini e Mpumalanga; e cara ao norte ata Mozambique e o leste de África.120px Aloidendron dichotomum (Masson) Klopper & Gideon F.Sm. No norte de Keetmanshoop, en Namibia. Provincia do Cabo Setentrional en Suráfrica en Gannabos.120px Aloidendron eminens (Reynolds & P.R.O.Bally) Klopper & Gideon F.Sm. Na área norte de Erigavo, Somalia. 120px Aloidendron pillansii (L.Guthrie) Klopper & Gideon F.Sm. Namibia e Suráfrica.120px Aloidendron ramosissimum (Pillans) Klopper & Gideon F.Sm. Entre Suráfrica e Namibia.120px Aloidendron sabaeum (Schweinf.) Boatwr. & J.C.Manning Arabia Saudita e o Iemen.120px Aloidendron tongaense (van Jaarsv.) Klopper & Gideon F.Sm. En KwaZulu-Natal, na fronteira entre Mozambique e Suráfrica.
Notas
Categoría:Asfodeláceas