Miguel Bendamio Montero, nado en Ares en 1873 e finado na Habana en 1938, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria miniatura|esquerda|Como se llega a millonario. Emigrou a Cuba a finais da década de 1880. Traballou na fábrica de tabacos La Cruz Roja e despois estableceuse como propietario da sociedade de importación M. Bendamio y Cía. Participou na fundación da Alianza Aresana de Instrucción en 1904,Follas Novas, 17-4-1904, p. 2. da que foi secretario en 1905,Follas Novas, 19-11-1905, p. 8. secretario contador en 1908,Galicia, 3-5-1908 , p. 4. vicepresidente en 1918-19, presidente en 1920 e secretario en 1922.Heraldo de Galicia, 12-3-1922, p. 11. Participou nos labores da comisión xestora da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Colaborou en La Tierra Gallega, no semanario galaico-habaneiro Galicia e en Heraldo de Galicia e Eco de Galicia, e foi correspondente en Cuba de Galicia en Madrid. Publicou na Habana en 1925 a novela Cómo se llega a millonario. Novela corta del ambiente aresano (Imprenta Fouce y Guerra).Cómo se llega a millonario CCG. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Miguel Bendamio no sitio web do Consello da Cultura Galega.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Ares Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Correspondentes de guerra