Lee Ann Remick, nada en Quincy (Massachusetts) o 14 de decembro de 1935 e finada nos Ánxeles (California) o 2 de xullo de 1991, foi unha actriz estadounidense.

Traxectoria Despois de estudar danza, debutou no teatro e na televisión antes de dar o salto ao cine grazas a Elia Kazan, que a fixo aparecer en A Face in the Crowd (1957) xunto ao tamén debutante Andy Griffith. O seu aspecto sensual fixo que Remick fose a intérprete feminina revelación da tempada (chegou a aparecer na prensa como "a resposta americana" á francesa Brigitte Bardot), e este estado confirmouse ao final desa década coas súas actuacións en The Long, Hot Summer, de Martin Ritt (1958), Anatomía dun asasinato, de Otto Preminger (1959) e These Thousand Hills, de Richard Fleischer (1959).

En 1957 casou co produtor e director Bill Colleran con quen tivo dous fillos. Divorciáronse once anos despois.

Na década de 1960 demostrou o seu talento na interpretación con filmes como Río salvaxe (1960) con Montgomery Clift e dirixido por Elia Kazan, Días de viño e rosas (1962), unha filme sobre o alcoholismo coprotagonizado por Jack Lemmon e dirixido por Blake Edwards que lle valeu unha candidatura ao Óscar; Experiment in Terror (1962) tamén de Edwards e con Glenn Ford, The Running Man (1963) de Carol Reed, Wheeler Dealers (1963) de Arthur Hiller, Baby the Rain Must Fall (1965) de Robert Mulligan, The Detective (1968) de Gordon Douglas, ou No Way to Treat a Lady (1968) de Jack Smight.

Nesa década tamén volveu á pequena pantalla e aos escenarios de Broadway, onde brillou e foi recompensada cunha candidatura ao Premio Tony pola súa interpretación na obra Wait until Dark.

A alternancia entre os medios continuou nos anos setenta, cando Lee aumentou as súas aparicións televisivas. No cine destacaron títulos como Ás veces unha grande noción (1971) de Paul Newman, The Omen (1976) de Richard Donner, Telefon (1977) de Don Siegel ou The Europeans (1979) de James Ivory.Smith, Cecil (30 de abril de 1979). "A Rush of Lee Remick on Television" Los Angeles Times: E1.

Durante os anos 80 e 90 continuou a traballar case exclusivamente en producións de televisión e ela mesma, xunto con Peter Duchow e James Garner, fundou a súa propia produtora en 1988.

Despois de divorciarse de Colleran en 1968, casou con William Rory Gowans en 1970, que quedou viúvo o 2 de xullo de 1991 cando a actriz de Massachusetts morreu de cancro nos Ánxeles. Só tiña 55 anos.

Filmografía Ano Título Personaxe 1957 A Face in the Crowd Betty Lou Fleckum 1958 The Long, Hot Summer Eula Varner 1959 These Thousand Hills Callie 1959 Anatomía dun asasinato Laura Manion 1960 Río salvaxe Carol Garth Baldwin 1961 Sanctuary Temple Drake 1962 Experiment in Terror Kelly Sherwood 1962 Días de viño e rosas Kirsten Arnesen Clay 1963 The Running Man Stella 1963 The Wheeler Dealers Molly Thatcher 1965 Baby the Rain Must Fall Georgette Thomas 1965 A batalla dos outeiros do whisky Cora Templeton Massingale 1968 No Way to Treat a Lady Kate Palmer 1968 The Detective Karen 1969 Hard Contract Sheila Metcalfe 1970 Loot Nurse Fay McMahon 1970 A Severed Head Antonia Lynch-Gibbon 1971 Ás veces unha grande noción Viv Stamper 1973 A Delicate Balance Julia 1974 Touch Me Not Elanor 1975 Hennessy Kate Brooke 1976 The Omen Katherine Thorn 1977 Telefon Barbara 1978 The Medusa Touch Doctor Zonfeld 1979 The Europeans Eugenia Young 1980 The Competition Greta Vandemann 1980 Tribute Maggie Stratton 1988 Emma's War Anne Grange

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Lee Remick en Film Reference

Categoría:Nados en Quincy, Massachusetts Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro musical dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América