David Cornell Leestma, nado en Muskegon, Míchigan, o 6 de maio de 1949, é un astronauta estadounidense retirado que formou partes da misións STS-41-G, STS-28 e STS-45.

Traxectoria Leestma graduouse en enxeñería aeronáutica pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1971 e é máster na mesma materia pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1972.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1980, participando nas misións STS-41-G, STS-28 e STS-45 e pasando un total de 22,19 días no espazo. Retirouse da NASA o 30 de maio de 2014.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-41-G STS-28 STS-45

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Míchigan