Helena Salgueiro Golán, nada en Santiago de Compostela en 1995, é unha poeta, actriz e performer galega.

Traxectoria Estudou Filoloxía Galega e Teoría e Crítica Literarias. Estando na universidade, en 2013, fundou a compañía e asociación GN TEATRO, na que dirixiu e actuou nos espectáculos Natureza Viva, Kraft e Cabaret Salomé. En 2012 publicou o seu primeiro poemario Intermitencia da cidade.

No verán de 2021 creou a compañía de teatro ABAR, coa que estreou a obra ferro, federici na que desenvolve as teses de Silvia Federici a través da arte. En 2022 estreou Come and Go, unha versión do texto homónimo de Samuel Beckett. En abril de 2024 dirixiu, dentro do XXIV Ciclo de teatro universitario, a súa obra Salón Colorado, "unha historia do colapso anunciado ante a indiferencia dunha clase privilexiada".Salgueiro, H. Salón Colorado (The Colorado Lounge). Programa de man.

Obras

Poesía Intermitencia da cidade (2012). Edicións Fervenza. ISBN 978-84-939167-6-3 As flores (2017). Deputación da Coruña. ISBN 978-8498123012 Amor Palimpseta (2025). Espiral Maior. Teatro Todas as illas son unha illa (2021). Edicións Positivas. ISBN 978-84-124754-9-4

Premios

Premio de poesía Avelina Valladares en 2012 por Intermitencia da cidade.

II Certame de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón 2016 por As flores.

XXIV edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Viariño por Amor Palimpseta.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Apiario Sitio oficial

Categoría:Actores de Santiago de Compostela

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1995