A Irexe, Pereira ou San Miguel é un lugar da parroquia de Pereira no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Os seus habitantes están incluídos dentro do número que o IGE determina para o lugar da Alta de Pereira.
Toponimia O topónimo A Irexe (do latín , o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa de San Miguel de Pereira.
Patrimonio A igrexa parroquial de San Miguel de Pereira foi construída no século XVIII en estilo barroco e cunha espadana. Ten planta rectangular cun presbiterio remarcado na estrutura. O cemiterio municipal está integrado no adro da igrexa en dous niveis unidos por unha escaleira con pasamáns.
A uns 80 m ao noroeste atópase o cruceiro de Pereira, orixinalmente do século XVII, pero con engadidos e arranxos que chegan ao século XX. O podio ou base é cadrado sobre o que hai un pedestal máis pequeno da mesma forma. Álzase sobre esta estrutura un fuste de sección circular. A cruz ten remates en flor de lis, coas figuras do Crucificado e a Virxe orante sobre unha peaña de tres anxos con ás. O capitel é pseudotoscano, cun ábaco moldurado que se apoia sobre un equino cadrado e un colariño cilíndrico.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pereira
Parroquias do Pino
Notas
Categoría:Lugares do Pino Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía