Verónica Salgueiriño Maceira, nada no Porriño en 1975, é unha investigadora e catedrática da Universidade de Vigo. En 2008 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”. Traxectoria Verónica Salgueiriño licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela en 1999 e realizou o doutoramento na Universidade de Vigo. Despois de realizar estancias posdoutorais na Universität Duisburg-Essen (Alemaña) e na Arizona State University (EEUU), incorporouse ao Grupo Nanomag da Universidade de Santiago de Compostela. En marzo de 2009 incorporouse á Universidade de Vigo como bolseira Ramón y Cajal. Dende maio de 2017 é profesora do departamento de Física Aplicada, onde lidera o Grupo de Nanomateriais Híbridos.

A súa investigación céntrase na síntese de nanomateriais, estudo das propiedades magnéticas de nanopartículas e nanocristais e o desenvolvemento de nanoestruturas magnéticas para o seu uso en hipertermia e administración controlada de fármacos.

Ademais do seu labor docente e investigador desenvolve unha importante actividade divulgadora, promovendo as vocacións científicas femininas.

Recoñecementos En 2014 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Vídeo da Universidade de Vigo Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados no Porriño Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo