Kjell Norwood Lindgren, nado en Taipei o 23 de xaneiro de 1973, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz TMA-17M e foi membro das expedicións 44 e 45 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Lindgren graduouse en bioloxía pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1995 e é máster en fisioloxía cardiovascular pola Universidade do Estado de Colorado en 1996, onde tamén obtivo un doutoramento en medicina en 2002.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 2009, participando na misión Soiuz TMA-17M e sendo membro das expedicións 44 e 45 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 141,67 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-17M Expedición 44 Expedición 45 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Taipei