Antonio Garrido Fernández, nado en Ponferrada, é un ex piloto español de rallys.

Competiu durante anos no Campionato de España de Rallys e na Copa de España, proclamándose campión desta última en 1992. Competiu tamén no Campionato de Galicia de Rally, logrando unha vitoria e o subcampionato da tempada 1990.

Traxectoria Comezou nos rallys nos anos 80. En 1990 disputou co seu Ford Sierra RS Cosworth o Campionato de Galicia de Rally, gañando o 24º Rally do Lacón e rematando o campionato como subcampión, por detrás de Germán Castrillón e por diante de Peitos. Na tempada seguinte logrou varios podios pero ningunha vitoria e disputou tamén varias probas da Copa de España de Rally, rematando co cuarto posto final. En 1992 logrou varios podios na da Copa de España e proclamouse campión por diante de Castrillón e Arturo Rial.

Disputou o Campionato de España durante os seguintes 15 anos, utilizando primeiro o Sierra Cosworth, e despois Subaru Impreza e Mitsubishi Lancer Evo. Obtivo como mellores resultados o cuarto posto no grupo N do ano 2002, os quintos postos de dito grupo nos anos 1997, 1998 e 2006, e o terceiro lugar na Mitsubishi Evo Cup en 2007.

Os seus principais copilotos foron Fernando López Carvajal, o ferrolán Humberto González, José Alfredo Álvarez e o alcalde de Ponferrada Samuel Folgueral.

Notas

Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Pilotos de rally de España