Corallum é un termo do latín científico empregado para designar, nos cnidarios antozoos hexacoraliarios da orde dos escleractinios (os chamados corais duros), o seu esqueleto calcario completo.Corallum no Dicionario Collins.
Etimoloxía Corallum e o acusativo do latín corallium, "coral".Corallum no Merriam-Webster Dictionary.
Esqueleto dos corais coloniais O esqueleto dun coral colonial, ou corallum, está formado por esqueletos individuais (chamados coralitos), cada un deles segregado por un pólipo. As formas distintivas dos corallum reciben unha variedade de nomes.corallum en encyclopedia.com . O conxunto do corallum e os coralitos recibe o nome de cenósteo.
Exemplos de uso Ctenactis triangularis ten un corallum en forma de brazo triangular coa boca que se estiende ao largo dos tres brazos.Mondal, T. & C. Raghunathan (2013): "Description of a new coral species Ctenactis triangular is (Scleractinia: Fungiidae) from Andaman Islands, India". Journal of Threatened Taxa, 5 (12): 4653-4659. Os antipatarios, ou corais negros, son antozoos coloniais caracterizados por un eixe esquelético quitinoso cuberto en grao variálel por pequenas espiñas. O tamaño e a estrutura dos pólipos deste grupo son características taxonómicas importantess, así como la morfoloxía do esqueleto e da columna. Parece que a morfoloxía do corallum, e até certo punto a morfoloxía das espinas esqueléticas está influída por poliquetos simbióticos. Como estas características teñen un alto valor taxonómico nos antipatarios, deben usarse con precaución en corais negros con fauna de poliquetos asociada.Molodtsova, T. & N. Budaeva (2007): "Modifications of corallum morphology in black corals as an effect of associated fauna". Bulletin of Marine Science, 81 (3): 469-480.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
Outros artigos Cenósteo Coralito Escleractinios Hexacoraliarios
Categoría:Antozoos Categoría:Termos zoolóxicos