Rider de Xacobe VI (1567-1625)260x260px· IACOBVS · 6 · D · G · R · SCOTORVM ·; o rei con armadura e de a cabalo.· SPERO · MELIORA ·, escudo coroado.Rider. 1593. AU. 5,09 g. "1 Rider - James VI 7th coinage". Numista.

O rider (en galego: "cabaleiro") foi unha moeda escocesa de ouro introducida por Xacobe III de Escocia (1460-1488), inicialmente cun valor de 23 xilins ou 1,15 libras escocesas, chamada así pola imaxe do rei como cabaleiro que se amosa no seu anverso."Rider". En Frey, A. R. (1916). Páxina 201."Rider3". En Dictionary of the Scots Language. 2004. Scottish Language Dictionaries Ltd.

Historia

Xacobe II (1460-1488) Xacobe III foi o introdutor de dúas novas moedas de ouro no sistema monetario escocés: o unicorn, de 18 xilins, e o rider, con valor de 23 xilins, que baseaba a súa tipoloxía no franc á cheval, cuñado en Francia preto dun século antes.Klütz, K. (2004). A súa cuñaxe comezou en 1475. O seu diámetro era en torno aos 24 milímetros e o seu peso de 78,5 grans (ca. 5,06 gramos)."1 Rider - James III Issue of 1475-83". Numista.

O motivo principal do seu anverso, do que a moeda tomou o nome, é unha imaxe do rei de a cabalo, con armadura, erguendo unha espada na man e cabalgando cara á dereita. A lenda que o circunda é IACOBVS : DEI : GRA : REX SCOTOR ("Xacobe, pola graza de Deus, rei dos escoceses").

No reverso represéntase o escudo coroado coas armas escocesas situado no centro dunha gran cruz, rodeado pola lenda SALVVM FAC POPVLVM TVVM DNE ("Oh, Señor! Salva o teu pobo").

Paralelamente ao rider cuñáronse tamén os valores de 1/2 rider e 1/4 rider."Scottish Coins ". Elks, K. Coinage of Great Britain. Celtic to Decimalisation. Part 12."½ Rider - James III Issue of 1475-83". Numista."Coin (reverse), quarter rider, from reign of James III ". National Museums Scotland.

Xacobe VI (1567-1625) Xacobe VI retomou, no marco da súa sétima serie de emisións (1593-1601), a cuñaxe do rider de ouro. Nesta segunda época, a moeda conservaba o peso e a lei da moeda orixinal, e mesmo a súa tipoloxía era moi semellante, coa única alteración da inclusión da data no exergo do anverso e a eliminación da cruz do reverso. O que si que cambiou, por mor da desvalorización do xilin, foi o valor: en tanto que o rider de Xacobe III valía 23 xilins, o de Xacobe VI pasou a valer 100 xilins ou, o que é o mesmo, cinco libras escocesas.Stewart, I. (1955)."1 Rider - James VI 7th coinage". Numista.

A lenda do anverso é · IACOBVS · 6 · D · G · R · SCOTORVM · ("Xacbobe VI, pola graza de Deus, rei dos escoceses") e a do reverso · SPERO · MELIORA · ("Espero cousas mellores").

O rider de Xacobe VI cuñouse anualmente entre 1593 e 1601, excepto en 1596, 1597 e 1600. En paralelo ao rider, neses mesmos anos emitíronse tamén moedas de 1/2 rider, coa mesma tipoloxía."½ Rider - James VI 7th coinage". Numista.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bateson, D, (1987). Scottish Coins. Shire Publications Ltd. ISBN 0-85263-847-7 Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo. De Cardonnel, A. (1786). Numismata Scotiæ or a series of the scottish coinage, from the reign of William the Lion to the Union. Edimburgo. G. Nicol. Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres. [Reimpresión en 1970; ISBN 1-4021-1090-1] Holmes, N. (1998). Scottish Coins. Edimburgo. NMS Publishing. ISBN 1-901663-02-7 Holmes, N. (2006). Sylloge of Coins of the British Isles. 58. Scottish Coins in the National Museum of Scotland, Edinburg. Part I. Oxford University Press. ISBN 0-19-726328-3 Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8 Mackay, J.; Mussel, J. (2016). Coin Price Guide to British Coins. Token Publishing Ltd. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma. Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Coins of Scotland Ireland and the Islands. Sanford J. Durst. ISBN 978-0900652646 Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.

Outros artigos

Libra escocesa Moeda escocesa

Ligazóns externas

Scottish Coins

Categoría:Moedas de Escocia Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas fóra de curso