Edward Tsang "Ed" Lu, nado en Springfield (Massachusetts), o 1 de xullo de 1963, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-106, STS-84 e Soiuz TMA-2, sendo membro da Expedición 7 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Lu graduouse en enxeñaría eléctrica pola Universidade Cornell en 1984 e ten un doutoramento en física aplicada pola Universidade Stanford en 1989.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-106, STS-84 e Soiuz TMA-2 e sendo membro da Expedición 7 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 205,97 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-106 STS-84 Soiuz TMA-2 Expedición 7 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Massachusetts