alt=Un Vega con Sentinel-2 disposto para o lanzamento.|miniatura|Un Vega con Sentinel-2 disposto para o lanzamento. Vega é un foguete espacial lanzador lixeiro europeo, usado por primeira vez en febreiro de 2012. Ten un só corpo, de 3 m de diámetro e 30 m de altura. Dispón de tres etapas de combustible sólido e un módulo superior de combustible líquido para o control de altura e órbita e liberación de satélites. En 2020 foi usado cun novo sistema de distribución satelital, SSMS.

A evolución que prevé a ESA é o foguete Vega-C, unha versión máis potente de Vega, programando un primeiro voo en 2020. Vega-C terá 700 kg máis de capacidade e un volume meirande dentro dunha cofia (a parte superior de carga) máis larga, e un custe semellante ó de Vega, con máis satélites por lanzamento compartido, con rebaixa do custe por quilogramo.

No 2021 prevese que os Vega-C monten motores P120C de combustible sólido, os mesmos que os Ariane 6.

O 16 de novembro de 2020 foi lanzado a misión Vega VV17, co satélite español SEOSAT-Ingenio, fallando o lanzamento.

Historial de lanzamentos

VooDataCargaResultadoNotas113 de febreiro de 2012LARES / ALMASat 1 / e-st@r / Goliat / MaSat 1 / PW-Sat 1 / ROBUS TA / UniCubeSat-GG / XaTcobeo / LARES-A&H/SSÉxito27 de maio de 2013Proba-V / VNREDSat 1a / ESTCube 1Éxito330 de abril de 2014KazEOSat 1Éxito411 de febreiro de 2015IXV / AVUM VV04Éxito. Voo suborbital.523 de xuño de 2015Sentinel 2AÉxito63 de decembro de 2015LISA PathfinderÉxito716 de setembro de 2016PerúSat 1 / SkySat 4 / SkySat 5 / Sky Sat 6 / SkySat 7Éxito85 de decembro de 2016Göktürk 1AÉxito97 de marzo de 2017Sentinel 2BÉxito102 de agosto de 2017OPTSAT-3000 / VENµSÉxito118 de novembro de 2017Mohammed VI AÉxito1222 de agosto de 2018AeolusÉxito1321 de novembro de 2018Mohammed VI BÉxito1422 de marzo de 2019PRISMAÉxito1511 de xullo de 2019Falcon Eye 1Fallo163 de setembro de 2020Athena / ION-SCV 1 / ESAIL / UPMSat 2 / NEM O-HD / ÑuSat 6 / GHGS at C1 / Flock-4v 1 a 26 / Lemur-2 112 a 119 / SpaceBEE 10 a 21 / FSSCat A e B / NAPA 1 / TARS / EG 2 / OSM 1 CICERO / DIDO 3 / PICASSO / SIMBA / TRISAT / AMICal-Sat / TTÜ100Éxito1717 de novembro de 2020SEOSAT-Ingenio / TARANISFallo1829 de abril de 2021Pléiades-Neo 3 / NORSAT 3 / AII-Bravo / ELO Alpha / Lemur-2 138 1 39Éxito1917 de agosto de 2021Pléiades-Neo 4 / BRO 4 / RADCUBE / Su nstorm / LEDSATÉxito2016 de novembro de 2021CERES 1 / CERES 2 / CERES 3Éxito219 de outubro de 2023THEOS 2 / TRITON / PROBA V-CC / CSC 1 e 2 / MACSAT / ANSER A, B e C / ESTCube 2 / N3SS / PRETTYÉxito225 de setembro de 2024Sentinel 2CÉxito. Último voo dun foguete Vega.

Notas

Categoría:Foguetes espaciais Categoría:Axencia Espacial Europea