O Rally de Pontevedra de 1985 foi a segunda edición de dito rally, así como a última proba da tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 7 de decembro de 1985 e o vencedor foi o mexicano Ricardo Gallardo, a bordo dun Porsche 911 SC.

Resumo O campionato galego chegou á última proba co título xa decidido a favor de José Mora e o seu copiloto Luís Moya, polo que estes non tomaron a saída, como tampouco o fixeron Carlos Piñeiro nin José Luis Vilanova.

O ourensán Peitos, cun Alfa Romeo GTV, comezou liderando a proba, pero tivo que retirarse no terceiro treito, despois de saírse da estrada. Ao chegar a Cangas de Morrazo, o tamén ourensán Alfonso Pavón lideraba a proba co seu Renault 5 GT Turbo, con 24 segundos de vantaxe sobre o mexicano aveciñado en Pontevedra Ricardo Gallardo. Tras eles chegaban Enrique Fernández "Vila", tamén cun GT Turbo e Carreira e Obdulio Fernández "Lute", ambos con SEAT 124 FL 90.

Nos últimos tres treitos Gallardo recortou as diferenzas con Pavón ata poñerse por diante e gañar o rally. Con todo, a Pavón o segundo posto serviulle para proclamarse subcampión galego por detrás de Mora. O ourensán "Vila" completou o podio. Entre os SEAT Panda o vencedor foi José María Magdaleno, mentres que José Pereira chegou segundo, proclamándose vencedor do Trofeo Panda 1985.

A carreira disputouse cunha intensa choiva que provocou numerosos abandonos, entre eles os de Peitos, Lute, Manuel Balado e Javier Arosa. Só 23 vehículos chegaron á meta.

Clasificación PosPilotoCopilotoAutomóbilTempoDifer.1 Ricardo Gallardo Manuel FandiñoPorsche 911 SC24:202 Alfonso PavónGuillermo Díez GonzálezRenault 5 GT Turbo24:28 +0:083 Vila José Francisco SampayoRenault 5 GT Turbo25:05 +0:454 Pedro Carreira AlbertoSEAT 124 FL 9025:34 +1:145 Roberto Torres Tano RamosTalbot Horizon26:07 +1:476 A. Outeririño E. MansoFord Fiesta XR2 Mk226:23 +2:037 Isidro Álvarez «Java»Opel Ascona B 2.0 SR26:23 +2:038 J. García Collazo G. PintorTalbot Samba Rallye26:30 +2:109 C. Rodríguez Llaneza M. MoreiraFiat Ritmo Abarth 130 TC26:39 +2:1910 Barros GarcíaRenault 5 Copa27:01 +2.41Abandonos- "Peitos" F. SalgueiroAlfa Romeo GTV-- "Lute" J. M. NavalSEAT 124 FL 90-- Manuel Balado J. Brun PintorTalbot Samba Rallye-- Javier Arosa SEAT Panda 45-- Manuel Senra J. MaceirasRenault 5 GT Turbo-

Notas

Categoría:Rally de Pontevedra Categoría:Tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally