Carlos Javier Abad-Hernández Trujillo, nado o 28 de xuño de 1995 en Puerto de la Cruz, é un futbolista español. Xoga de gardameta no Hércules da Segunda División RFEF.
Traxectoria
Inicios Foi fichado polo CD Tenerife en 2009, procedente do CD El Peñón de Puerto de la Cruz. Xogou nas categorías inferiores do club tinerfeño nos seguintes anos, sendo cedido un par de tempadas ao Peñón e ao Realejos.
CD Tenerife Na tempada 2013/14 alternou o equipo xuvenil co Tenerife B, e xogou con este último a fase de ascenso a Segunda B. Comezou a seguinte tempada como terceiro porteiro do primeiro equipo, na Segunda División, pero as lesións dos outros porteiros fixeron que debutase o 16 de novembro de 2014 na xornada 13 contra a UE Llagostera, e que xogase tamén os seguintes partidos ata que se lesionou tamén el no partido contra o Betis, no que rompeu o ligamento interno do xeonllo esquerdo.
Cesión ao Real Madrid B En xullo de 2015, despois de renovar o seu contrato co Tenerife, foi cedido por dous anos ao Real Madrid Castilla. Co filial branco foi o porteiro titular durante todos os partidos da tempada 2015/16, na que o equipo se proclamou campión do seu grupo e xogou a fase de ascenso, obxectivo que non conseguiu ao perder as eliminatorias contra UCAM Murcia primeiro, e Lleida despois, sendo expulsado no último dos partidos. Na seguinte tempada foi titular durante gran parte do ano, ata que as boas actuacións de Luca Zidane o relegaron ao banco.
Tenerife e Córdoba Na tempada 2017/18 quedou en Tenerife como segundo porteiro, xogando catro partidos de liga e catro de Copa, e ao ano seguinte foi cedido ao Córdoba, tamén en Segunda. Foi un dos xogadores máis destacados do conxunto andaluz, que acabou descendendo.
Xanthi FC No verán de 2019 ampliou o seu contrato co Tenerife e marchou cedido ao Xanthi F.C. da Superliga de Grecia. Co equipo grego foi titular en 28 dos 33 partidos de liga, encaixando 31 goles.
Deportivo da Coruña O 3 de setembro de 2020, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas polo Deportivo da Coruña da Segunda División B. No club galego gañou a titularidade na primeira metade da tempada fronte ao colombiano Lucho García, pero perdeuna na segunda. Disputou un total de 14 partidos, nos que encaixou 10 goles. Ao remate da tempada o seu contrato foi rescindido.
Atlético Baleares Tras uns meses sen equipo, en novembro de 2021 asinou co Atlético Baleares, segundo clasificado da Primeira División RFEF. O porteiro titular do equipo balear foi o gaditano René Román, polo que Abad disputou só un partido, na derradeira xornada da tempada, contra o San Fernando.
Hércules En xullo de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Hércules, da Segunda División RFEF.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en BDFutbol.com Perfil en Soccerway.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Tenerife Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Tenerife B Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Skoda Xanthi FC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do Hércules CF