Luís Benito Chao Sobrino, nado en Lebosende (Leiro) o 4 de maio de 1869 e finado en Ribadavia o 6 de xullo de 1938,El Pueblo Gallego, 7-7-1938, p. 5. foi un comerciante e político galego.
Traxectoria De novo aprendeu a tocar o acordeón e despois foi organista da igrexa da Magdalena. Trasladouse a Padrón para aprender o oficio de prateiro e despois abriu un taller de pratería en Ribadavia. Dedicouse tamén ao comercio de tecidos e despois a funeraria. Logo na morte do seu cuñado Serafín Rodríguez, fíxose cargo de seu estudio de fotografía. Foi nomeado alcalde de Ribadavia por Real Orde en 1918.La Voz de Galicia, 12-1-1918, p. 2. Renunciou en maio dese ano.Centro Gallego, 31-5-1918, p. 2.
Vida persoal Casou con Asunción Rodríguez Rodríguez e foi pai de Emilia, José, Antonia, Ángeles, Luís, Camilo, Serafín, Gloria, Teresa, Asunción, Antonia e Emilio Chao Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Luis Chao Sobrino, 1ª generación
Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Leiro Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1938