Magnum, despois denominada Orion, foi unha serie de dous satélites de recoñemento dos Estados Unidos.
Características Os satélites Magnum foron satélites de intelixencia colocados en órbita xeoestacionaria para interceptar sinais electrónicas doutros países. Foron os sucesores dos satélites Rhyolite e a súa misión principal era captar telemetría de mísiles da Unión Soviética e da China. Foron construídos por TRW e tiñan unha masa de entre 2200 e 2700 kg. O reflector da antena principal tiña un diámetro duns 100 m para poder captar sinais moi débiles en terra.
Magnum 1 (tamén denominado USA 8) foi lanzado o 24 de xaneiro de 1985 a bordo do transbordador espacial Discovery durante a misión STS-51-C, mentres que Magnum 2 (USA 48) foi posto en órbita o 23 de novembro de 1989 a bordo do mesmo transbordador na misión STS-33. Ambos satélites estiveron funcionando probablemente ata 2013.
Notas
Véxase tamén Outros artigos STS-51-C STS-33 Rhyolite
Categoría:Satélites artificiais