Verónica Pichel Guisande, nada en Suíza o 22 de marzo de 1984, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria miniatura|Papeleta de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de 2023. Nada na emigración suíza, aos 6 anos a familia retornou a Forcarei. Fixo os estudos primarios no CEIP Nosa Señora das Dores e os secundarios no IES Chano Piñeiro. Licenciada e posgraduada en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade da Coruña e máster en Xornalismo e Comunicación Dixital por Euroinnova Formación. En 2019, era socia e directora da empresa Avivae Spain (Avivae Soluciones Estratégicas S.L.).

Nas eleccións municipais de 2015 presentouse na candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Forcarei, pero non foi elixida. En febreiro de 2017 tomou posesión como concelleira logo da renuncia de Miguel Pereira. En outubro de 2017 pasou a formar parte do comité nacional do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixida alcaldesa de Forcarei. O 31 de xullo de 2025 unha moción de censura encabezada polo PPdeG e co apoio do concelleiro non adscrito, que abandonou o PSdeG-PSOE, desaloxouna da alcaldía.O PP recupera a Alcaldía de Forcarei tras prosperar a moción de censura contra Pichel cun ex edil socialista (31/7/2025). Nós Diario.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Forcarei Ligazóns externas Verónica Pichel Guisande (2019) Faro de Vigo .

Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alcaldes de Forcarei Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Suíza Categoría:Nados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes