miniatura|210px|Colonia de Millepora sp afectada polo branquexamento O branquexamento do coral ou descoloración do coral é un fenómeno debido ao estrés inducido pola expulsión ou a morte das microalgas simbióticas mutalistas, dinoflaxelados do xénero Symbiodinium, coñecidas como zooxantelas, ou pola perdida de pigmentación do protozoo.
Os corais que forman grandes estruturas nos ecosistemas dos arrecifes de coral de mares tropicais dependen da relación simbiótica con este protozoo, que lle dá ao coral a súa coloración, cunha cor específica para cada clado. Baixo estrés, o coral expulsa ás súas zooxantelas, o que lle dá unha tonalidade clara ou completamente branca, ao que se debe o termo "branquexamento".
Unha vez que o branquexamento comeza, tende a continuar incluso aínda despois de que cese o estrés. Se a colonia de coral sobrevive ao período de estrés, as zooxantelas moitas veces requiren de semanas a meses para recuperaren a densidade normal.Jokiel, P. (1978): "Synergistic effects of temperature, salinity and light on the hermatypic coral Montipora verrucosa". Marine Biology 49 (3):187-195.
Notas
Categoría:Hidrozoos Categoría:Termos zoolóxicos