Para o escultor véxase Victorino Núñez Díaz

Victorino Núñez Rodríguez, nado en Quiroga o 20 de maio de 1936 e finado o 19 de xuño de 2010, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito, aprobou as oposicións a secretario municipal e foi destinado ao concello da RúaXan Carballa: "Franqueira foi o meu mestre", entrevista a Vitorino Núñez publicada en A Nosa Terra, nº1335, 27/11/08, páxs.10-11 na década dos sesenta. Nese posto coincidiu co empresario e político Euloxio Gómez Franqueira, que o introduciu na Caixa Rural de Ourense e como colaborador del na empresa Coren-Uteco.

Sería con Gómez-Franqueira con quen tamén daría os primeiros pasos políticos ao fundar canda Xosé Quiroga Suárez Acción Política Orensana nos albores da transición democrática, que, despois de negociar co Partido Popular de Pío Cabanillas, acabaría integrándose directamente en UCD. Coa UCD accede á presidencia da Deputación de Ourense en 1979, logo de saír elixido como concelleiro en Ourense. Logo da desfeita electoral dese partido nas eleccións xerais de 1982, Victorino Núñez forma parte do núcleo fundador de Centristas de Ourense, abrocho á súa vez de Coalición Galega.

Despois do derramo cerebral que afectou a Euloxio Gómez Franqueira e que deixou a Coalición Galega sen un liderado claro, Vitorino Núñez abandonaría ese partido en 1985 para recompoñer o grupo inicial baixo o nome de Centristas de Galicia. Esta pequena formación, con implantación fundamentalmente na provincia de Ourense presentouse a varios comicios coaligada co Partido Popular, no que finalmente terminaría por integrarse.

Tras as eleccións lexislativas de 1986 obtivo un escano no Senado, do que tomou posesión o 22 de xuño e en outubro de 1989 saíu elixido deputado no Congreso. En 1990 saíu elixido deputado no Parlamento de Galicia, e mercé aos acordos entre a súa formación e o Partido Popular foi escollido presidente do Parlamento durante sete anos (entre 1990 e 1997), correspondentes á terceira e cuarta lexislaturas.

Logo do seu paso polo parlamento galego regresou ao Senado en 1997, escollido en representación da comunidade autónoma, ata o 20 de xaneiro de 2004, data en que se disolveron as cámaras.

Vida persoal Casou e tivo catro fillos, entre eles Victoria Núñez López. Foi ademais vogal do consello de administración de Promocións Culturais Galegas, a sociedade que editaba o xornal A Nosa TerraUn consello de administración plural, A Nosa Terra, 3 de decembro de 2007.

Faleceu como consecuencia dun cancroVictorino Núñez, ex titular de la Cámara será incinerado hoy , El Correo Gallego, 20/6/2010 e foi incinerado e soterrado en Quiroga.

Galardóns Foi nomeado fillo predilecto do concello de Quiroga en novembro de 2008.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Categoría:Nados en Quiroga Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Finados por cancro Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Presidentes do Parlamento de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia