Colombia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1932, e enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos de Verán, agás nunha ocasión nos Xogos de 1952. Os atletas colombianos gañaron un total de 38 medallas olímpicas (5 de ouro, 16 de prata e 17 de bronce) en nove deportes diferentes, con halterofilia e o ciclismo como os máis exitosos. Colombia é o terceiro país de América do Sur con máis medallas nos Xogos Olímpicos, após o Brasil e a Arxentina respectivamente. O Comité Olímpico colombiano foi creado en 1936 e está recoñecido polo Comité Olímpico Internacional dende 1948.
Historia miniatura|esquerda|Delegación colombiana nos Xogos de Berlín de 1936. A delegación olímpica colombiana asistiu por primeira vez a uns Xogos Olímpicos nos Xogos de 1932 nos Ánxeles, contando cun só atleta: Jorge Perry. Perry enviou unha carta ao Comité Olímpico Internacional en xaneiro de 1932 na cal se presentaba a si mesmo e describía Colombia como "un pequeno país de América do Sur con gañas de facer medrar o seu deporte e de formar parte do movemento olímpico". Ademais, expresou o seu desexo de participar na daquela inminente competición. O mes seguinte, Perry recibiu unha resposta do COI, que non só aceptaba a súa proposta senón que lle ofrecía axuda antes e durante a competición. O 30 de xullo de 1932, desfilou na cerimonia de inauguración representando a un país non afiliado ao COI. Competiu na proba de maratón, mais logo de dez quilómetros non foi quen de rematar a carreira, que foi gañada polo arxentino Juan Carlos Zabala. Catorce anos máis tarde, en 1946, o primeiro deportista olímpico de Colombia morreu en Bogotá, 4 días despois de ter sufrido un accidente de moto preto de Samacá. Na edición de 1936 dos Xogos, o Comité Olímpico Colombiano xa fora creado e enviou cinco atletas para competir en Berlín. Despois da controvertida decisión de volver xogar un partido de fútbol entre o Perú e Austria (logo dun resultado adverso para os austríacos), a delegación colombiana abandonou a vila olímpica como mostra de apoio para o equipo peruano. Logo do remate da segunda guerra mundial, celebráronse os Xogos de 1948 en Londres, e por primeira vez Colombia enviou deportistas doutros deportes ademais de atletismo, participando en esgrima e natación. Por mor de problemas financeiros e o posterior período de violencia, Colombia non participou nos Xogos de 1952 en Helsinqui. Nos Xogos de 1956 en Melbourne, o equipo colombiano expandiuse duns poucos competidores a 26 atletas, enviando ciclistas e levantadores de peso por primeira vez. Os atletas colombianos continuaron participando nos Xogos Olímpicos dende entón sen perder ningunha edición dos Xogos de Verán, enviando atletas femininas para competir por primeira vez nos Xogos Olímpicos de 1968 celebrados en Cidade de México.
Colombia gañou as súas primeiras medallas olímpicas nos Xogos de 1972 en Múnic, corenta anos despois da súa primeira aparición nos Xogos de Verán. A primeira foi unha medalla de prata gañada polo tirador Helmut Bellingrodt na proba de tiro a branco en movemento a 50 metros, e despois tanto Clemente Rojas como Alfonso Pérez gañaron cadansúa medalla de bronce en probas de boxeo, conseguindo un total de tres medallas para a delegación colombiana neses xogos.
Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Os Ánxeles 1932 1 0 0 0 0 – Berlín 1936 5 0 0 0 0 – Londres 1948 5 0 0 0 0 – Helsinqui 1952 non participou Melbourne 1956 26 0 0 0 0 – Roma 1960 16 0 0 0 0 – Toquio 1964 20 0 0 0 0 – Cidade de México 1968 44 0 0 0 0 – Múnic 1972 59 0 1 2 3 31 Montreal 1976 35 0 0 0 0 – Moscova 1980 23 0 0 0 0 – Os Ánxeles 1984 39 0 1 0 1 33 Seúl 1988 40 0 0 1 1 46 Barcelona 1992 49 0 0 1 1 54 Atlanta 1996 48 0 0 0 0 – Sydney 2000 44 1 0 0 1 50 Atenas 2004 53 0 0 2 2 68 Pequín 2008 67 0 2 1 3 59 Londres 2012 104 1 3 4 8 38 Río de Xaneiro 2016 147 3 2 3 8 23 Toquio 2020 70 0 4 1 5 66 París 2024 87 0 3 1 4 66 Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 5 16 17 38 71
Medallas nos Xogos de Inverno XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Vancouver 2010 1 0 0 0 0 – Sochi 2014 Non participou Pyeongchang 2018 4 0 0 0 0 – Pequín 2022 3 0 0 0 0 – Milán-Cortina d'Ampezzo 2026 Evento futuro Total 0 0 0 0 –
Medallas por deporte DeporteOuroPrataBronceTotal 20px Halterofilia 2 6 3 11 20px Ciclismo 2 2 4 8 20px Atletismo 1 3 1 5 20px Tiro 0 2 0 2 20px Boxeo 0 1 4 5 20px Judo 0 1 1 2 20px Ximnasia 0 1 0 1 20px Loita 0 0 3 3 20px Taekwondo 0 0 1 1 Total 5 16 17 38
Lista de medallistas Medalla Nome Xogos Deporte Evento Prata Múnic 1972 25px Tiro 50 metros con obxectivo móbil Bronce Múnic 1972 25px Boxeo Peso pluma masculino Bronce Múnic 1972 25px Boxeo Peso lixeiro masculino Prata Os Ánxeles 1984 25px Tiro 50 metros con obxectivo móbil Bronce Seúl 1988 25px Boxeo Peso banta masculino Bronce Barcelona 1992 25px Atletismo 400 metros feminino Ouro Sydney 2000 25px Halterofilia 75 kg feminino Bronce Atenas 2004 25px Ciclismo Carreira de puntos feminina Bronce Atenas 2004 25px Halterofilia 53 kg feminino Prata Pequín 2008 25px Halterofilia 62 kg masculino Prata Pequín 2008 25px Halterofilia 69 kg feminino Bronce Pequín 2008 25px Loita Estilo libro de 55 kg feminino Ouro Londres 2012 25px Ciclismo BMX feminino Prata Londres 2012 25px Atletismo Triplo salto feminino Prata Londres 2012 25px Ciclismo Carreira en estrada masculina Prata Londres 2012 25px Halterofilia 62 kg masculino Bronce Londres 2012 25px Ciclismo BMX masculino Bronce Londres 2012 25px Judo 70 kg feminino Bronce Londres 2012 25px Taekwondo 58 kg masculino Bronce Londres 2012 25px Halterofilia 69 kg feminino Bronce Londres 2012 25px Loita Estilo libre de 55 kg feminino Ouro Río de Xaneiro 2016 25px Atletismo Triplo salto feminino Ouro Río de Xaneiro 2016 25px Ciclismo BMX feminino Ouro Río de Xaneiro 2016 25px Halterofilia 62 kg masculino Prata Río de Xaneiro 2016 25px Boxeo Peso mosca masculino Prata Río de Xaneiro 2016 25px Judo 70 kg feminino Bronce Río de Xaneiro 2016 25px Boxeo Peso mosca feminino Bronce Río de Xaneiro 2016 25px Ciclismo BMX masculino Bronce Río de Xaneiro 2016 25px Halterofilia 69 kg masculino Prata Toquio 2020 25px Halterofilia 67 kg masculino Prata Toquio 2020 25px Ciclismo BMX feminino Prata Toquio 2020 25px Atletismo 400 metros maculino Prata Toquio 2020 25px Atletismo Marcha de 20 quilómetros feminina Bronce Toquio 2020 25px Ciclismo BMX masculino Prata París 2024 25px Ximnasia Barra horizontal masculino Prata París 2024 25px Halterofilia 89 kg masculino Prata París 2024 25px Halterofilia 71 kg feminino Bronce París 2024 25px Loita 76 kg feminino
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Colombia nos Xogos Olímpicos