Demetrio García Álvarez, coñecido como Pedro, nado nas Chás (Oímbra) o 16 de maio de 1912 e finado en Bordeos en xullo de 1990, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fillo de Primitivo García Justo. Logo dunha pelexa cun veciño na que usou o seu revólver en maio de 1935,El Pueblo Gallego, 3-5-1935, p. 15. foi condenado polo Xulgado de Verín. Ingresou no Forte de San Cristovo de Pamplona o 13 de xullo de 1936. Estivo preso no Forte San Cristovo ata que a Xunta de goberno da Audiencia de Ourense propuxo o seu licenciamento para o 14 de abril de 1937.Hoja Oficial del Lunes, 5-4-1937, p. 2. Fuxido no monte dende 1937, foi o líder do grupo guerrilleiro que actuaba na raia galaico portuguesa pola zona de Verín e Chaves en 1945. Ao ano seguinte integrouse na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia grazas ao labor de Samuel Mayo Méndez. Ao grupo incorpouse Juan Salgado Riveiro. Foron acusados da morte do xefe de Falanxe de Vilaza, Antonio Aguirre Padrón.
O 9 de decembro de 1946 dirixiu o asalto ao autobús de liña da empresa Perille que facía a ruta Ourense-Verín nas Estibadas, na chamada curva de Atás. Refuxiado en Cambedo con outros compañeiros, foi ferido na batalla de Cambedo o 21 de decembro de 1946. Detido xunto co seu cuñado Manuel Bárcia, ingresou na prisión de Porto o 23 de decembro. Foi xulgado polo Tribunal Territorial de Porto e condenado a 19 anos de prisión. Foi enviado ao campo de concentración de Tarrafal (Cabo Verde) en xuño de 1948. Rematou de cumprir a pena no cárcere de Lisboa de onde foi liberado o 19 de febreiro de 1965. Exiliado en Francia, instalouse en París e despois en Bordeos onde traballou como estibador, e non retornou a Galicia. Asmático, foi internado nun sanatorio, onde morreu en xullo de 1990. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Batalla de Cambedo Ligazóns externas As actas da dignidade: Demetrio García "O Pedro"
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia
Categoría:Nados en Oímbra Categoría:Nados en 1912 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes