dereita|miniatura|Sébastien Loeb e Daniel Elena no Rally de Finlandia de 2001. miniatura| Per-Gunnar Andersson e Suzuki celebrando a vitoria na clase JWRC no Rally de Finlandia no 2004. O Campionato do Mundo de Rally Júnior (tamén coñecido como WRC Júnior ou JWRC) é unha competición complementaria ao Campionato do Mundo de Rally (WRC) e está dirixido especificamente a ofrecer aos condutores novos a oportunidade de obter experiencia e publicidade a un custo accesible. A categoría foi un paso fundamental na carreira de moitos pilotos que logo triunfaron no WRC como Sébastien Loeb, Dani Sordo, Sébastien Ogier, Jari-Matti Latvala ou Thierry Neuville.

Historia O campionato celebrouse por primeira vez en 2001 como Campionato de Pilotos Super 1600 e incluía seis probas en Europa. Sébastien Loeb converteuse no primeiro campión da competición, conducindo un Citroën Saxo Super 1600. O certame converteuse no Campionato do Mundo de Rally Júnior ao ano seguinte.

En 2007, o campionato non incluíu rallys fóra de Europa, e foi coñecido esa tempada como Campionato de Rally Júnior (JRC). En 2011, a FIA substituíu o WRC Júnior polo WRC Academy, un campionato de especificación único con vehículos Ford Fiesta R2. En 2013 pasou a chamarse Campionato do Mundo de Rally Júnior da FIA.

En 2014, a grella do JWRC foi substituída polos Citroën DS3 R3T, mentres que M-Sport reutilizou as antigas unidades Ford Fiesta R2 para o Drive DMACK Fiesta Trophy. En 2017, o JWRC volveu usar o Ford Fiesta R2. Na tempada 2018 o número de rallys reduciuse a 5, dándose no último deles o dobre de puntos.

Regras O WRC Júnior está aberto a pilotos menores de 30 anos que non competiran como pilotos de Prioridade 1 (P1) en ningunha proba do Campionato Mundial de Rallys da FIA. Dende 2018 os competidores circulan en Ford Fiesta R2T idénticos usando pneumáticos Pirelli.

O sistema de puntuación é o mesmo que nos campionatos WRC, WRC-2 e WRC-3, cos puntos asignados aos dez primeiros clasificados do seguinte xeito: Posición 1º 2º  3º 4º 5º  6º  7º 8º 9º 10º  Puntos 25 18 15 12 10 8 6 4 2 1 Non obstante, a diferenza doutras categorías, os competidores do WRC Júnior obteñen puntos de bonificación no campionato polas vitorias nos treitos durante a tempada.

Palmarés

Campionato de Pilotos AnoNomeCampiónVehículoSubcampiónVehículoTerceiro postoVehículo2019Campionato do Mundo de Rally Júnior Jan SolansFord Fiesta R2 Tom KristenssonFord Fiesta R2 Dennis RådströmFord Fiesta R22018 Emil BergkvistFord Fiesta R2 Dennis RådströmFord Fiesta R2 Jean-Baptiste FranceschiFord Fiesta R22017 Nil SolansFord Fiesta R2 Nicolas CiaminFord Fiesta R2 Terry FolbFord Fiesta R22016 Simone TempestiniCitroën DS3 R3T Martin KočiCitroën DS3 R3T Vincent DubertCitroën DS3 R3T2015 Quentin GilbertCitroën DS3 R3T Ole Christian VeibyCitroën DS3 R3T Terry FolbCitroën DS3 R3T2014 Stéphane LefebvreCitroën DS3 R3T Alastair FisherCitroën DS3 R3T Martin KočiCitroën DS3 R3T2013 Pontus TidemandFord Fiesta R2 Yeray LemesFord Fiesta R2 Sander PärnFord Fiesta R22012WRC Academy Elfyn EvansFord Fiesta R2 José Antonio SuárezFord Fiesta R2 Pontus TidemandFord Fiesta R22011 Craig BreenFord Fiesta R2 Egon KaurFord Fiesta R2 Alastair FisherFord Fiesta R22010Campionato do Mundo de Rally Júnior Aaron BurkartSuzuki Swift S1600 Hans Weijs, Jr.Citroën C2 S1600 Todor SlavovRenault Clio R32009 Martin ProkopCitroën C2 S1600 Michał KościuszkoSuzuki Swift S1600 Aaron BurkartSuzuki Swift S16002008 Sébastien OgierCitroën C2 S1600 Aaron BurkartCitroën C2 S1600 Martin ProkopCitroën C2 S16002007Campionato de Rally Júnior da FIA Per-Gunnar AnderssonSuzuki Swift S1600 Urmo AavaSuzuki Swift S1600 Martin ProkopCitroën C2 S16002006Campionato do Mundo de Rally Júnior Patrik SandellRenault Clio S1600 Urmo AavaSuzuki Swift S1600 Per-Gunnar AnderssonSuzuki Swift S16002005 Dani SordoCitroën C2 S1600 Kris MeekeCitroën C2 S1600 Guy WilksSuzuki Ignis S16002004 Per-Gunnar AnderssonSuzuki Ignis S1600 Nicolas BernardiRenault Clio S1600 Guy WilksSuzuki Ignis S16002003 Brice TirabassiRenault Clio S1600 Salvador Cañellas Jr.Suzuki Ignis S1600 Daniel CarlssonSuzuki Ignis S16002002 Daniel SolàCitroën Saxo VTS S1600 Andrea DallavillaCitroën Saxo VTS S1600 Janne TuohinoCitroën Saxo VTS S16002001Copa de Pilotos Super 1600 da FIA Sébastien LoebCitroën Saxo VTS S1600 Andrea DallavillaFiat Punto S1600 Niall McSheaFord Puma S1600 Citroën Saxo VTS S1600

Estatísticas

Por nacionalidade do piloto Países 18px|Ouro Ouro 18px|Prata Prata 18px|Bronce Bronce Total 5 2 4 11 5 2 4 11 4 3 0 7 1 2 4 7 1 1 1 3 1 0 2 3 1 0 0 1 1 0 0 1 0 3 1 4 0 2 0 2 1 1 2 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Por constructor Países 18px|Ouro Ouro 18px|Prata Prata 18px|Bronce Bronce Total Citroën 8 7 7 22 Ford 6 6 7 19 Suzuki 3 4 5 12 Renault 2 1 1 4 Fiat 0 1 0 1

Rallys gañados

Actualizado despois da tempada 2019.

+Wins by driverDriverTotal1 Martin Prokop 92 Per-Gunnar Andersson 83 Quentin Gilbert 5 Sébastien Loeb 5 Guy Wilks 56 Elfyn Evans 4 Alastair Fisher 4 Nil Solans 4 Dani Sordo 4 Simone Tempestini 4 Brice Tirabassi 412 Egon Kaur 3 Michał Kościuszko 3 Stephane Lefebvre 3 Sébastien Ogier 3 Dani Solà 3 Pontus Tidemand 318 Urmo Aava 2 Kevin Abbring 2 Mirco Baldacci 2 Nicolas Bernardi 2 Craig Breen 2 Aaron Burkart 2 Daniel Carlsson 2 Andrea Dallavilla 2 Martin Koči 2 Tom Kristensson 2 Yeray Lemes 2 Kris Meeke 2 Dennis Rådström 2 Patrik Sandell 2 Jan Solans 2 José Antonio Suárez 2 Julius Tannert 2 Ole Christian Veiby 2 Hans Weijs, Jr. 237 Jérémi Ancian 1 Emil Bergkvist 1 Nicolas Ciamin 1 François Duval 1 Jean-Baptiste Franceschi 1 Kosti Katajamäki 1 Jaan Mölder jr. 1 Thierry Neuville 1 Laurent Pellier 1 Ken Torn 1Total 117

+Wins by car Car Total1 Ford Fiesta R2 352 Citroën C2 S1600 213 Citroën DS3 R3T 194 Suzuki Swift S1600 155 Citroën Saxo S1600 86 Renault Clio S1600 7 Suzuki Ignis S1600 78 Fiat Punto S1600 3 Renault Clio R3 310 Citroën Saxo Kit Car 211 Ford Puma S1600 1 Volkswagen Polo S1600 1Total 117

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Campionato do Mundo de Rally 2 Campionato do Mundo de Rally 3 Ligazóns externas

Júnior WRC en WRC.com

Categoría:Campionatos de rally Categoría:Competicións mundiais de automobilismo