Raychelle Burks é unha profesora de química analítica na American University en Washington, D.C. e divulgadora científica. En 2020 foi galardoada pola Sociedade Americana de Química co premio Grady-Stack.
Traxectoria Raychelle Burks obtivo a súa licenciatura en química na Universidade Northern Iowa, o mestrado en Ciencias Forenses na Universidade Wesleyan de Nebraska, e o doutoramento en química na Universidade de Nebraska-Lincoln, e foi investigadora asociada postoutoral no Doane College.
Burks converteuse en Profesora Adxunta de Química na Universidade de St. Edward en Austin, Texas en 2016, onde ensinou e einvestigou até 2020. Logo mudouse a Washington, D.C. para unirse á facultade da Universidade Americana como Profesora Asociada de Química.
A súa investigación actual céntrase no desenvolvemento de sensores colorimétricos de baixo custe para detectar substancias químicas de interese forense, incluíndo explosivos e drogas ilícitas.
Burks é unha divulgadora científica moi popular. Tamén é unha defensora das mulleres e dos grupos subrepresentados na ciencia, falando das súas experiencias como muller negra en STEM. En 2020, Burks apareceu no Festival de Cinema de Tribeca e no filme Picture a Scientist.
Premios e recoñecementos
2019 AAAS SE/Embaixador de THEN 2020 Premio Grady-Stack da Sociedade Americana de Química polo seu compromiso público
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Nebraska-Lincoln Categoría:Alumnos da Universidade de Iowa Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Profesores da Universidade de Texas en Austin