Steven Ray Nagel, nado en Canton, Illinois, o 27 de outubro de 1946 e finado o 21 de agosto de 2014, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-51-G, STS-61-A, STS-37 e STS-55.

Traxectoria Nagel graduouse en enxeñaría aeroespacial pola Universidade de Illinois en 1969 e era máster en enxeñaría mecánica pola Universidade do Estado de California en Fresno en 1978.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1979, participando nas misións STS-51-G, STS-61-A, STS-37 e STS-55 e pasando un total de 30,07 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-51-G STS-61-A STS-37 STS-55

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en Illinois