Marvin Bagley III, nado o 16 de marzo de 1999 en Tempe, Arizona, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA). Con 2,11 metros de estatura xoga na posición de ala-pivote.
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Bagley foi seleccionado polos Sacramento Kings na segunda posición do Draft da NBA de 2018. O 1 de xullo de 2018, Bagley asinou cos Kings. Debutou na NBA o 17 de outubro de 2018 na derrota dos Kings por 123–117 contra os Utah Jazz, facendo 6 puntos e 5 rebotes en 12 minutos de xogo.
O 10 de febreiro de 2022, Bagley foi traspasado ós Detroit Pistons coma parte dun traspaso entre catro equipos que mandou a Donte DiVincenzo, Josh Jackson e Trey Lyles ós Kings. O 14 de febreiro de 2022, Bagley debutou cos Pistons na derrota dos Kings por 103–94 contra os Washington Wizards. O 6 de xullo de 2022, Bagley asinou cos Pistons un novo contrato por tres anos.
O 14 de xaneiro de 2024, os Pistons traspasaron a Bagley ós Washington Wizards xunto a Isaiah Livers, a cambio de Danilo Gallinari e Mike Muscala.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados no condado de Maricopa Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Washington Wizards