Kevin Duane "Yogi" Ferrell Jr., nado o 9 de maio de 1993 en Greenfield, Indiana, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 1,83 metros de estatura xoga na posición de base.
Traxectoria profesional Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2016, Ferrell uniuse ós Brooklyn Nets para a Liga de Verán da NBA de 2016. En catro partidos cos Nets, acadou 8.8 puntos, 1.8 asistencias e 1.5 rebotes en 17 minutos por encontro. O 5 de agosto de 2016, Ferrell asinou cos Nets. Tras xogar en tres partidos de pretempada, foi cortado polos Nets o 21 de outubro de 2016.
O 1 de novembro de 2016, Ferrell asinou cos Long Island Nets, afiliado dos Brooklyn Nets na NBA Development League. O 9 de novembro de 2016, Ferrell volveu a Brooklyn, e debutou na NBA esa mesma noite, facendo 5 puntos, 3 rebotes e unha asistencia na derrota por 110–96 contra os New York Knicks. Tras disputar dez partidos cos Nets, foi cortado de novo o 9 de decembro de 2016.
O 28 de xaneiro de 2017, Ferrell asinou un contrato de dez días cos Dallas Mavericks. O 7 de febreiro de 2017, asinou un contrato por varios anos cos Mavericks.
O 23 de xullo de 2018, Ferrell asinou un contrato de dous anos cos Sacramento Kings. O 18 de decembro de 2020, Ferrell asinou cos Utah Jazz, pero foi cortado o día seguinte.
O 11 de xaneiro de 2021, Ferrell asinou cos Cleveland Cavaliers un contrato de dez días.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do KK Cedevita Olimpija Categoría:Xogadores dos Shanghai Sharks