Collin Darnell Sexton, nado o 4 de xaneiro de 1999 en Marietta, Xeorxia, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos charlotte Hornets da National Basketball Association (NBA). Con 1,85 metros de estatura xoga nas posicións de base e escolta.
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Smith foi seleccionado polos Cleveland Cavaliers na 8ª posición do Draft da NBA de 2018. Debutou na NBA o 17 de outubro de 2018 na derrota dos Cavaliers por 104–116 contra os Toronto Raptors. Na súa segunda tempada na liga, foi chamado para xogar o Rising Stars Challenge do All-Star Weekend da NBA de 2020, substituíndo por lesión a Tyler Herro.
O 1 de setembro de 2022, Sexton foi traspasado xunto a Lauri Markkanen, Ochai Agbaji, tres eleccións da primeira rolda do Draft e dous intercambios de eleccións do Draft ós Utah Jazz, a cambio de Donovan Mitchell.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados no condado de Cobb, Xeorxia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Utah Jazz