Andrea Mia Ghez, nada o 16 de xuño de 1965, é unha astrónoma estadounidense profesora no Departamento de Física e Astronomía da UCLA, coñecida polo estudo do centro da galaxia da Vía Láctea. En 2020 converteuse na cuarta muller galardoada co Nobel de Física, premio cuxa metade foi compartida con Reinhard Genzel (a outra metade do premio correspondeulle a Roger Penrose). O Nobel foille outorgado a Ghez e Genzel pola súa descuberta dun obxecto compacto supermasivo, agora recoñecido como un burato negro, no centro da galaxia da Vía Láctea.
Traxectoria Ghez naceu na cidade de Nova York, filla de Susanne (Gayton) e Gilbert Ghez. O seu pai, de ascendencia xudía, nacera en Roma, nunha familia orixinaria de Tunisia e Frankfurt. A súa nai procedía dunha familia irlandesa de North Attleborough, Massachusetts.
Ghez creceu en Chicago e asistiu á University of Chicago Lab School. A chegada á lúa dos programas Apolo foron a inspiración para que Ghez decidise converterse na primeira muller astronauta, meta que obtivo o apoio materno.A cita orixinal indica: "I’m definitely a product of the first moon landings," she says. She laughs. "I think I told my mom I wanted to be the first female astronaut". Malia que a primeira muller en permanecer en órbita no espazo no ano 1963 foi a rusa Valentina Tereshkova, hai que ter en conta estas declaracións como referidas ao termo "astronaut" e non "cosmonaut", é dicir unha muller astronauta adestrada pola NASA. Ver diferenzas entre termos na entrada astronauta O referente feminino que máis a influenciou foi a súa profesora de química no instituto. Ghez comezou os estudos universitarios na área de Matemáticas, pero cambiouse para Física. Conseguiu o seu Bachelor of Science en Física no MIT en 1987 e logrou o título de doutora en 1992 baixo a dirección de Gerry Neugebauer no Instituto Tecnolóxico de California.
Carreira investigadora Na súa carreira investigadora actual fai uso de técnicas de imaxe de alta resolución espacial, como o sistema óptico adaptativo adaptive optics dos telescopios Keck, para estudar rexións de formación de estrelas e o burato negro supermasivo no centro da Vía Láctea, coñecido como Sagittarius A*. Ghez utiliza a cinemática das estrelas preto do centro da Vía Láctea como sonda para investigar esta rexión. A alta resolución dos telescopios Keck supuxo unha mellora significativa no primeiro grande estudo da cinemática do centro da galaxia realizado polo grupo de investigación de Reinhard Genzel.
En 2004 foi elixida membro da Academia Nacional de Ciencias e no ano 2019 foi elixida membro da American Physical Society (APS).
Ghez apareceu nunha longa lista de presentacións audiovisuais. Os documentais foron producidos por organizacións como a BBC, o Discovery Channel, e The History Channel e en 2006 presentouse na cadea de televisión PBS a serie Nova. Foi identificada como unha Heroína da Ciea polo proxecto My Hero Project. No ano 2004 a revista Discover incluína na listaxe das 20 científicas dos Estados Unidos que amosaran un alto nivel de coñecemento* nos seus respectivos campos.
O burato negro no centro da Galaxia (Sgr A*) A través das imaxes con largura de onda infravermella, Ghez e os seus colegas foron capaces de ver a través do po espeso que bloquea a luz visible, e reproducir imaxes do centro da Vía Láctea. Grazas ós 10 metros de apertura do telescopio W.M. Keck e o uso de óptica adaptativa para corrixir a turbulencia na atmosfera, estas imaxes do centro galáctico teñen unha moi alta resolución espacial e fixeron posible seguir as órbitas das estrelas ao redor do burato negro, tamén coñecido como Sagittarius A* ou Sgr A*. Observáronse as órbitas parciais de moitas estrelas que orbitan o burato negro. Unha delas, S2, realizou unha órbita elíptica completa dende que comezaran as observacións no ano 1995. Precisaranse varias décadas máis para documentar as órbitas dalgunhas destas estrelas; estas medidas poderían fornecer dunha forma de comprobar a teoría da relatividade xeral. Unha segunda estrela foi identificada polo seu equipo na UCLA, a S0-102, orbitando o centro da galaxia. Seguindo a terceira lei de Kepler, o equipo de Ghez utilizou o movemento orbital para mostrar que a masa de Sgr A* equivale a 4.1±0.6 milllóns de masas solares (M☉). Posto que o Galactic Center (onde se sitúa o Sgr A*) está un centro de veces máis preto ca M31 (o burato negro supermasivo máis próximo) é agora un dos casos mellor demostrados dun burato negro supermasivo.
En 2020 Ghez compartiu o Premio Nobel de Física con Roger Penrose e Reinhard Genzel polas súas descubertas sobre os buratos negros. Concretamente, Ghez e Genzel gañaron a metade do premio por descubriren o burato negro supermasivo que moi probablemente goberna as órbitas das estrelas no centro da Vía Láctea.
Escolma de publicacións
Premios e recoñecementos Annie J. Cannon Award en Astronomía (1994) Premio Packard Fellowship (1996) Premio Newton Lacy Pierce en Astronomía, da American Astronomical Society (1998) Premio Maria Goeppert-Mayer, da American Physical Society (1999) Premio Sackler Prize (2004) Premio Escudo de Ouro á Excelencia académica (2004) Marc Aaronson Memorial Lectureship (2007) MacArthur Fellowship (2008) Premio Crafoord en Astronomía (2012) Royal Swedish Academy of Sciences (2012) Medalla da Royal Society Bakerian (2015) Doutoramento Honorario en Ciencias, Universidade de Oxford (2019) Membro da American Physical Society (2019) Elixida membro da American Astronomical Society (2020) Premio Nobel de Física (2020)
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Premio Nobel de Física Ligazóns externas
BRAVXS: Enxeñería e informática
páxina persoal no sitio web da UCLA Andrea Ghez, Astronomy / UCLA Spotlight UCLA Faculty Research Lecture: Unveiling a Black Hole at the Center of the Milky Way
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Profesores da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Alumnos do Instituto Tecnolóxico de California Categoría:Nados en Nova York