miniatura|250px| .
A segunda guerra de Nagorno-Karabakh foi un conflito de 2020 armado entre as forzas armadas de Azerbaidján e a autoproclamada República de Artsakh, xunto con Armenia, na rexión de Nagorno-Karabakh, sendo a máis recente escalada de hostilidades no conflito sen resolver de Nagorno-Karabakh.
As hostilidades comezaron a mañá do 27 de setembro de 2020 ao longo da liña de contacto de Nagorno-Karabakh. Ámbolos dous bandos informaron de baixas militares e civís. En resposta aos ataques, Armenia e Artsakh introduciron a lei marcial e a mobilización militar total, mentres que Azerbaidján introduciu a lei marcial e un toque de queda. O 28 de setembro, Azerbaidján declarou unha mobilización militar parcial.
Numerosos países e as Nacións Unidas expresaron a súa forte condena do conflito e pediron a ámbolos dous bandos unha desescalada nas tensións e o comezo inmediato de negociacións significativas, mentres que Afganistán, Paquistán, Israel e Turquía expresaron o seu apoio a Azerbaidján. Turquía proporcionou apoio militar a Azerbaidján, aínda que o alcance deste apoio non está claro. Francia expresou o seu apoio a Armenia, e Irán foi acusado de apoiar a Armenia a pesar das súas peticións de paz na rexión. Crese que Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos tamén apoiaron a Armenia neste conflito.
Os analistas internacionais consideran que o conflito foi iniciado por Azerbaidján, e os principais obxectivos desta ofensiva serían capturar distritos do sur Nagorno-Karabakh, que son menos montañosos e máis doados de tomar que a rexión do interior fortemente fortificada. O apoio de Turquía a Azerbaidján crese que é un intento por estender a súa área de influencia ao aumentar as posicións de Azerbaidján no conflito ao tempo que marxina a influencia de Rusia na rexión.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Primeira guerra de Nagorno-Karabakh
Categoría:2020 Categoría:Conflito de Nagorno-Karabakh Categoría:Guerras nas que participou Armenia Categoría:Guerras nas que participou Azerbaidján Categoría:2020 en Azerbaidján Categoría:Guerras do século XXI