Pablo Rodríguez Fernández, máis coñecido como Pablo Rodríguez Oitabén e tamén como Pablo Oitabén, nado en Beade o 24 de xaneiro de 1950, é un profesor, debuxante, pintor, taxidermista e ecoloxista galego.
Traxectoria No ano 1970 foi estudar pintura a Vigo e en 1973 expuxo os seus cadros no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense sendo director Xesús Ferro Couselo.Conversa con Pablo Oitabén Posteriormente foi a Barcelona e alí mellorou as súas técnicas de debuxo traballando xunto con Escobar e outros artistas."Aprender a construír imágenes". Cuadernos de Pedagogía, Candia Durán, Francisco Xosé, Nº: 276, xaneiro de 1999 (require subscrición)
A comezos dos anos 70 colaborou no xornal La Región.Vídeo BDG70: Pablo "Oitabén" presenta a Sol e Por YouTube. En 1975 comezou a colaborar na revista de banda deseñada Vagalume coas series De, Sol e Por e Tarrantés.Ficha do Nº 1 de VAGALUME tebeosfera.com. Tamén colaborou coa revista Frente Comixario.Ficha en Tebeosfera Nos anos 1988 e 1989 colaborou co pintor Manuel Carballeira Rivas nun proxecto de debuxos animados para a Televisión de Galicia. No ano 1988 foi un dos fundadores da Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas e dende ese ano é o seu presidente.Sitio web da Asociación Ridimoas En 1989 participou no proxecto para a recuperación da cegoña branca en Galicia e entrevistouse con Max Bloesch, experto internacional no estudo da especie, para aprender as súas técnicas de recuperación.Caho, A. (17/6/2016). "Unha viaxe de altos voos en cegoña" Faro de Vigo.
Participou en 1997 na curta Os lobos, baseada no conto homónimo de Ánxel Fole incluído na obra Á lus do candil.Os lobos (adaptación do conto de Anxel Fole) YouTube.
Foi profesor da antiga Universidade Laboral de Ourense e posteriormente do IES do Ribeiro en Ribadavia ata o ano 2011 en que se xubilou. Nestes centros impartiu as materias de Deseño e Debuxo, ensinando ós alumnos técnicas de debuxo de cómics e de animación de debuxos, realizando con eles varias curtas coas que conseguiron varios premios como o Concurso de Vídeo do Congreso "Pé de Imaxe", o de Cine Afeccionado de León e o do Certame Galego de Vídeo na Escola.
Colaborou na recollida de datos meteorolóxicos durante 20 anos para o Programa Globe da NASA, ata o ano 2011, e continúa a recollelos para MeteoGalicia."Ridimoas le sigue la pista al clima", 26.02.2012, Faro de Vigo. C. Paradela "Un cuaderno didáctico explica el bosque de Beade", O Carballiño, 22/02/2011, La Voz de Galicia En 2020 participou no documental da PBS The Orphan Owl (en galego, A curuxa orfa), da xornalista Ana Salceda, no que se amosa o proceso de recuperación dun polo de curuxa e a súa posterior posta en liberdade.The Orphan Owl en Youtube.
Obras A Figueira, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1989. Aventura De Sol Por en Pena Corneira, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1990, ISBN 84-86129-22-2.Ficha en Iberlibro As aves de rapina en Galiza. Guía de campo e guía didáctica, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1991. Areal de San Cristovo e Ribeiras do Avia, edita Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas, Beade, 1993. As viñas no Ribeiro, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1995. As ermidas e o mar: unidade didáctica, de Carmen Blanco Pardal e Carmen Robledo Muíña, debuxante do cómic Pablo Oitabén, Dirección Xeral de Política Lingüística, Santiago de Compostela, 1998.Ficha do libro no Catálogo das Bibliotecas de Galicia. Fauna vertebrada do Ribeiro, edita Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas, Beade, 2006.Libro no sitio web Todocolección . O voo da noitebra, edita Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas, Beade, 2009.Publicacións, Asociación Cultural e Ecolóxica RidimoasFicha na Biblioteca Nacional de España. Pepiño o Arrieiro, edita Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas, Beade, 2015. Viaxe ás cegoñas, edita Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas, Beade, 2016.Tenda, Asociación Cultural e Ecolóxica RidimoasFicha na Biblioteca Nacional de España. Bosque Ridimoas, Visita guiada., edita Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas, Beade, 2018.
Recoñecementos En 1971 recibiu o Premio de Debuxo da cidade de Ourense.
No ano 2001 recibiu o premio "Voz del Año del Medio Ambiente" do xornal La Voz de Galicia."El Grupo Voz entregará el 6 de abril los premios a los ourensanos más destacados durante el 2000" 22/3/2001 .
Recibiu o premio Freire Carril da Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo, concello de Ourense, no ano 2010.HISTORIAL PREMIO FREIRE CARRIL
Fixo o pregón da Festa da Istoria de Ribadavia no 2005.[CURIOSIDADES| Lo mejor del regreso a la Edad Media]
En 2016 recibiu o premio Arenteira pola súa defensa da natureza e a súa divulgación na ensinanza, concedido polo Aparthotel Arenteiro do Carballiño.José Carballeda, Oitabén y Míguez, premios Arenteira La Región, 26/11/2016 .Galardón Arenteira. Premiados Edición 2016Este é un premio para todos os socios do proxecto do bosque de Ridimoas, La Voz de Galicia, 19 nov 2016.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Conde, Alfredo. "Reconciliarse coa especie humana" , El Correo Gallego. O fío do retrato, Cap. 5. Oitabén "A natureza", na TVG Ficha sobre Sol por na páxina web do Consello da Cultura Galega Curta Os lobos (adaptación do conto de Anxel Fole) YouTube. Vídeo BDG70: Pablo "Oitabén" presenta a Sol e Por YouTube Pablo Oitabén: «A Ridimoas tes que adicarlle a vida porque sempre hai cousas que facer», biografía en La Voz de Galicia
Categoría:Nados en Beade Categoría:Nados en 1950 Categoría:Ecoloxistas de Galicia Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Debuxantes de Galicia