A serra do Careón é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e que abrangue á serra do Careón e ás concas dos río Furelos e Seco, que chegan ao río Ulla polo sur da serra. A maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten unha parte na comarca da Ulloa e de Lugo, en Friol e Palas de Rei, é só unha liña de ribeira do Ulla na Agolada.
Destaca polas súas extensas áreas de matogueiras, como nas Gándaras de Melide, e pola súa floración de rochas ultrabásicas.
Xeografía Situación A área potexida concéntrase no leste dos concellos de Toques, Melide e Santiso. Outra parte protexida está en Palas de Rei, onde se protexe parte da faldra lucense da serra, e unha área reducida no sur de Friol, xa que é o norte da serra. Cobre ademais dúas áreas menores de ribeira do Ulla na Agolada, da comarca do Deza. As parroquias que ocupa o espazo son as da A Capela, Mangoeiro, Paradela, San Martiño de Oleiros, San Xiao do Monte, Santa Mariña de Brañas, Vilamor e Vilouriz en Toques; Furelos, o Leboreiro e o Meire en Melide, Vimianzo, Barazón, Niñodaguia, (Santiso) e Eidián na Agolada; Ombroso, Ambreixo, Cuíña, Moredo e Merlá en Palas de Rei; e Xiá en Friol.
Orografía e hidrografía En xeral, o espazo atópase na serra do Careón e que pertence á dorsal galega. O seu relevo xeral é suave e de meseta con chanzos. A área protexida protexe tamén ribeiras ao leste desta serra, ás do río Furelos e río Seco na cunca hidrográfica do Ulla.
Unha parte da área protexida correspóndese co río Furelos e a súa ribeira desde o norte de Toques, comezando no seu afluente do rego da Vela nos montes de Bocelo. Neste treito protéxese tamén unha parte da Pena Grande. Este rego ao chegar á raia entre Toques e Melide únese á outra área protexida. Esta é todo o oeste dos concellos de Toques, Melide e Santiso; que teñen protexidos toda a súa parte da serra do Careón e proximidades. En Melide e Santiso o río Furelos actúa xa como límite ao oeste do espazo protexido. Outros regos que inclúe o espazo son o rego de Lamares, de Guillamil e Irago, e que son afluentes do Furelos. Outro é o río Seco, que se atopa ao leste do espazo. Alí atópase a lagoa de Quintás coa súa presa. Ao sur o espazo remata con parte da ribeira do Ulla. O norte a serra de Careón continúa cos montes do Corno do Boi.
Xeoloxía Atópase no dominio de complexos alóctonos da zona de Galicia Tras-Os-Montes do macizo Ibérico. Nesta área atópanse substratos de metagrabos, anfibolitas, rochas ultrabásicas ou metasedimentos que se formaron durante o sistema ordovícico e devónico. Nalgúns punto de ribeira hai deposicións aluviais menores. A área está dominada polas bandas de anfibolitas, as ultrabásicas serpentinizadas e rochas metabásicas con facies granulíticas. As rochas metabásicas no oeste mudan e conteñen gneis de biotita. De feito, esta floración de rochas ultrabásicas é o máis significativo do noroeste peninsular. Vai desde Sobrado ata o sur de Melide e está catalogado como PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide.
Hábitats Os hábitats dominantes son os de cumes suaves de montaña, de baixa pendente, onde domina a vexetación de matogueira. Destacan as floracións nas rochas ultrabásicas, e que domina este espazo. Outras áreas relevantes, inda que ocupan menor extensión, son os cultivos e pradarías.
Fauna e flora Flora As especies de flora de interese de conservación da rede Natura presentes son: Especie Eryngium viviparum Narcissus asturiensis
Fauna As especies animais de interese de conservación da rede Natura presentes son:
Grupo Especie Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Elona quimperiana Invertebrados Euphydryas aurinia Peixes Achondrostoma arcasii Peixes Pseudochondrostoma duriense Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Iberolacerta monticola Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros Aves Accipiter gentilis Aves Accipiter nisus Aves Aegithalos caudatus Aves Anthus trivialis Aves Asio flammeus Aves Athene noctua Aves Caprimulgus europaeus Aves Circaetus gallicus Aves Circus cyaneus Aves Circus pygargus Aves Coturnix coturnix Aves Cuculus canorus Aves Falco peregrinus Aves Falco subbuteo Aves Falco tinnunculus Aves Hieraaetus pennatus Aves Lanius collurio Aves Lanius excubitor meridionalis Aves Lullula arborea Aves Abelleiro europeo (Pernis apivorus) Aves Sylvia undata Aves Turdus philomelos Aves Turdus viscivorus
Outras especies de interese de conservación tamén presentes son: Grupo Especie Mamíferos Canis lupus Mamíferos Martes foina Mamíferos Mustela erminea Réptiles Natrix maura Réptiles Natrix natrix Anfibios Triturus boscai Anfibios Triturus marmoratus Réptiles Vipera seoanei
Lexislación O foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia