Lampris zatima é unha especie fósil de peixe osteíctio da clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos lampriformes, e familia dos lámpridos, incluída no xénero Lampris.
Trátase da especie máis antiga coñecida do xénero Lampris, do Mioceno tardío do sur de California, († Megalampris keyesi Gottfried, Fordyce & Rust, 2006, da mesma familia, do Oligoceno tardío de Nova Zelandia, é máis antigo).Michael D. Gottfried, R. Ewan Fordyce & Seabourne Rust (2006): "Megalampris keyesi, a giant moonfish (Teleostei, Lampridiformes) from the Late Oligocene of New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 26 (3): 544–551.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1920 polo ictiólogo estadounidense David Starr Jordan e o paleontólogo, así mesmo estadounidense, James Zaccheus Gilbert, na súa obra "Fossil Fishes of the Miocene (Monterey) Formations". Leland Stanford Junior University Publications, University Series: 13-60.David, Lore Rose (1943): Miocene Fishes of Southern California. Geological Society of America, Volume 43. ISBN 978-0-8137-2043-2.†Lampris (Diatomoeca) zatima Jordan and Gilbert 1919 en Fossilworks. Consultado o 15 de outubro de 2020. baixo o nome de Diatomoeca zatima (ver páxina 58 da obra antecitada).
Erroneamente, máis tarde volveuse a describir como Dasceles dassurus (que é unha especie da familia dos embiotócidos).Jordan, David Starr (1927): The Fossil Fishes of the Miocene of Southern California, Volume 9. Stanford, Palo Alto, California: Stanford University Press. Consultado o 15 de outubro de 2020.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Dasceles dassurus Jordan, 1925 Diatomoeca zatima Jordan & Gilbert, 1920 (protónimo) Lampris (Diatomoeca) zatima Jordan e Gilbert 1919
Características O seu rexistro fósil é bastante pobre, coñecido principalmente por columnas vertebrais illadas e algúns espécimes sen cabeza. Estímase que medía entre os 20 e os 30 cm de longo.Lampris zatima en Devian Art. Consultado o 15 de outubro de 2010.
Notas
Véxase tamén Bibliografía David, L. R. (1943): "Miocene Fishes of Southern California". Geological Society of America Special Paper 43: 1-187. Jordan, D. S. (1920): "An ancient moonfish". The Scientific Monthly 11 (5): 470-473.
Outros artigos Lámpridos Lampris
Ligazóns externas Lampris zatima en Devian Art .
Categoría:Teleósteos Categoría:Especies extintas