Asa Yoelson, nado en Seredzius (Lituania) o 26 de maio de 1886 e finado en San Francisco (California) o 23 de outubro de 1950, foi un cantante, actor, guionista e director de música estadounidense de orixe lituana, coñecido como Al Jolson. Jolson foi alcumado "o rei da blackface", convención teatral dende mediados do século XIX. Tamén foi chamado "o artista máis grande do mundo" no cumio da súa carreira. O seu estilo interpretativo era atrevido e extravertido, e popularizou moitas cancións. Na década de 1920, Jolson era o artista máis famoso e mellor pagado dos Estados Unidos.
Traxectoria Jolson era fillo dun rabino que en 1893 se trasladou con toda a súa familia aos Estados Unidos. Alí desenvolveu unha gran variedade artística, primeiro como animador en vodevís, cafés, prazas e circos, e logo no teatro, onde realizaba repertorios burlescos en obras como La Belle Parée (1911), Robinson Crusoe, Jr. (1916) e Sinbad (1918-1920).
Asa e o seu irmán Hirsch, rebautizados como Al e Harry, iniciaron a súa carreira teatral moi novos. Al tomou entón o costume de tinguir o rostro de negro, o que lle valeu o seu primeiro éxito.
En 1920, interpretou "Swanee", un tema de George Gershwin e Irving Caesar que lle deu sona en todos os Estados Unidos. Despois, presentou Bombo, un espectáculo co que continuou o éxito. Con 35 anos, Jolson foi o home máis novo dos Estados Unidos cun teatro co seu nome. En 1925 coñeceu un novo éxito con Big Boy e a canción "California, Here I Come".
No ano 1927 actuou no filme The Jazz Singer, que tiña un argumento moi semellante á súa vida real, como fillo dun rabino. Foi o primeiro filme sonoro, e catapultouno definitivamente á fama. Posteriormente interpretou a versión en teatro con éxito rotundo en todo o país e en Europa. A súa famosa frase "Un momento, un momento, aínda non escoitaches nada!" pasou á historia do cinema. No filme dirixido por Alan Crosland, Jolson cantou varios temas ("Mammy", "Toot, Toot, Tootsie, Goodbye", "Dirty Hands, Dirty Face", "Blue Skies", "Mother, I Still Have You" etc), converténdose nunha estrela da sétima arte, ao que regresa pouco despois interpretando The Singing Fool (1928), fita dirixida por Lloyd Bacon coa que acadou unha popularidade maior aínda que con The Jazz Singer. Nela interpretou "Sonny Boy", un dos máis grandes éxitos da súa historia artística.
A carreira de Al Jolson no cinema continuou nos anos seguintes con Say It With Songs (1929), Mammy (1930) e Hallelujah, I'm a Bum (1933, baixo a dirección de Lewis Milestone), aínda que estes traballos non conseguiron nin moito menos o éxito de público dos precedentes.
A Warner tentou entón relanzar a súa carreira Wonder Bar (1934); os compañeiros de elenco de Jolson foron Dolores del Río, Kay Francis e Dick Powell, mais o filme foi un fracaso.
O músico contraeu matrimonio con Ruby Keeler, unha estrela das revistas musicais, coa que interpretou Go into Your Dance en 1935. Ao ano seguinte protagonizou The Singing Kid antes de volver aos escenarios de music-hall.
Retornou á gran pantalla en 1939 con Rose of Washington Square. En Rhapsody in Blue (1945), un filme que repasa a vida de George Gershwin, Jolson interpretouse a el mesmo, cantando obras do compositor que lle proporcionou o seu primeiro grande éxito en moito tempo.
En 1946, prodúcese o filme The Jolson Story, dirixido por Alfred Green e en que o cantante prestou a súa voz ao actor Larry Parks, encargado de interpretar a súa vida na pantalla. O filme foi un grande éxito que lle permitiu relanzar a súa carreira como cantante.
Aínda en vida de Jolson estreouse un segunda filme-homenaxe á súa carreira (Jolson Sings Again, 1949, dirixido por Henry Levin), o que prolongou esta segunda época de éxito do artista.
Poucos meses antes da súa morte, acontecida o 23 de outubro de 1950 en San Francisco debido a un ataque ao corazón, montou un espectáculo musical dirixido ás tropas estadounidenses destinadas na guerra de Corea.Stars over Broadway. PBS.org.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1926 A Plantation Act El mesmo 1927 The Jazz Singer Jakie Rabinowitz 1928 The Singing Fool Al Stone1929 Sonny Boy El mesmo Cameo Say It with Songs Joe Lane New York Nights El mesmo Cameo1930 Mammy Al Fuller Showgirl in Hollywood El mesmo Cameo Big Boy Gus 1933 Hallelujah, I'm a Bum Bumper 1934 Wonder Bar Al Wonder 1935 Go into Your Dance Al Howard 1936 The Singing Kid Al Jackson1939 Rose of Washington Square Ted Cotter Hollywood Cavalcade El mesmo Swanee River Edwin P. Christy 1945Rhapsody in Blue El mesmo 1946 The Jolson Story El mesmoSen acreditar1949 Jolson Sings Again El mesmoSen acreditar Oh, You Beautiful Doll El mesmoSen acreditar
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Young, Jordan R. 1999. The Laugh Crafters: Comedy Writing in Radio & TV's Golden Age. Beverly Hills: Past Times Publishing. ISBN 0-940410-37-0 Ligazóns externas International Al Jolson Society Al Jolson recordings at the Discography of American Historical Recordings. Newsreel at the Internet Archive, including Jolson's death and funeral The Museum of Family History Radio programs at Zoot Radio Documentary about Al Jolson and the making of The Jazz Singer
Categoría:Nados no condado de Tauragės Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia lituana Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeolituana