Vietnam participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, baixo o nome de Estado de Vietnam. Despois da partición de Vietnam en 1954, só a República de Vietnam competiu nos Xogos, enviando atletas a cada Olimpíada de Verán entre 1956 e 1972. Dende a reunificación de Vietnam en 1976, os deportistas competiron como a República Socialista de Vietnam, asistindo a cada Olimpíada dende 1980 coa excepción da edición de 1984. O Comité Olímpico de Vietnam foi creado en 1976 e recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional (COI) en 1979. Vietnam nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno.

Vietnam gañou a súa primeira medalla nos Xogos de 2000 en Sydney, cando Trần Hiếu Ngân conseguiu a medalla de prata en taekwondo na proba de 57 kg feminina. Vietnam gañou a súa primeira medalla de ouro nos Xogos de 2016 en Río de Xaneiro.

Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosDeportistasOuroPrataBronceTotal Moscova 1980 31 0 0 0 0 Os Ánxeles 1984 non participou Seúl 1988 10 0 0 0 0 Barcelona 1992 7 0 0 0 0 Atlanta 1996 6 0 0 0 0 Sydney 2000 7 0 1 0 1 Atenas 2004 11 0 0 0 0 Pequín 2008 13 0 1 0 1 Londres 2012 18 0 0 1 1 Río de Xaneiro 2016 23 1 1 0 2 Toquio 2020 18 0 0 0 0 París 2024 16 0 0 0 0 Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 1 3 1 5

Medallas por deporte DeporteOuroPrataBronceTotal 20px Tiro 1 1 0 2 20px Halterofilia 0 1 1 2 20px Taekwondo 0 1 0 1 Total 1 3 1 5

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Vietnam nos Xogos Olímpicos