A oitava tempada da serie de animación The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 27 de outubro de 1996 até o 18 de maio de 1997, comezando con « Treehouse of Horror VII». Os produtores executivos da oitava tempada foron Bill Oakley e Josh Weinstein.Richmond e Coffman, 1997, pp. 210-211.​ A tempada contivo dous episodios que orixinalmente foron producidos para a sétima, a cal tamén foi producida por Oakley e Weinstein. Tamén incluíu dous episodios nos cales os show runners foron Al Jean e Mike Reiss.

A oitava tempada gañou varios premios, incluíndo dous premios Emmy: «Homer's Phobia» gañou o premio Mellor Programa Animado (de duración menor a unha hora) en 1997,​ e Alf Clausen e Ken Keeler gañaron na categoría «Mellor Logro Individual en Música e Letras» coa canción «We Put The Spring In Springfield» do episodio «Bart After Dark». Clausen tamén recibiu un nomeamento para os Emmy por «Mellor Dirección Musical» por «Simpsoncalifragilisticexpiala(Annoyed Grunt)cious». «Brother from Another Series» foi nomeado para os Emmy por «Son dunha Serie de Comedia ou un Especial».Associated Press, "49th Annual Primetime Emmy Nominations," The Globe and Mail, 25 de xullo de 1997, p. C.9.​ Por «Homer's Phobia», Mike Anderson gañou o Premio Annie ao «Mellor Logro Individual: Dirección dunha Produción Televisiva», e o premio WAC por «Mellor Director dunha Serie de Horario Central» na Celebración de Animación Mundial de 1998.​ A Gay & Lesbian Alliance Against Defamation premiou ao episodio co premio GLAAD Media por «Mellor Episodio de Televisión».Alberti, John, ed. (2003). Leaving Springfield: 'The Simpsons' and the Possibility of Oppositional Culture (en inglés). Wayne State University Press. p. 241. ISBN 0-8143-2849-0.

A versión en DVD foi lanzada á venda na Rexión 1 o 15 de agosto de 2006, na Rexión 2 o 2 de outubro de 2006, e na Rexión 4 o 27 de setembro de 2006. Os DVD foron lanzados en dúas formas distintas: unha cabeza da forma da de Maggie para unir as formas das cabezas de Marge e Homer das tempadas anteriores, e tamén unha caixa rectangular estándar. Como o compilado da sétima tempada, ambas as versións están á venda por separado.

Lista de episodios

# Data da emisión orixinal Código de produción Título154 - 8.0127 de outubro de 19964F02"Treehouse of Horror VII"155 - 8.023 de novembro de 19963F23"You Only Move Twice"156 - 8.0310 de novembro de 19964F03"The Homer They Fall"157 - 8.0417 de novembro de 19964F05"Burns, Baby Burns"158 - 8.0524 de novembro de 19964F06"Bart After Dark"159 - 8.061 de decembro de 19964F04"A Milhouse Divided"160 - 8.0715 de decembro de 19964F01"Lisa's Date with Density"161 - 8.0829 de decembro de 19964F07"Hurricane Neddy"162 - 8.095 de xaneiro de 19973F24"El Viaje Misterioso de Nuestro Jomer (The Mysterious Voyage of Homer)"163 - 8.1012 de xaneiro de 19973G01"The Springfield Files"164 - 8.1119 de xaneiro de 19974F08"The Twisted World of Marge Simpson"165 - 8.122 de febreiro de 19974F10"Mountain of Madness"166 - 8.137 de febreiro de 19973G03"Simpsoncalifragilisticexpiala(Annoyed Grunt)cious"167 - 8.149 de febreiro de 19974F12"The Itchy & Scratchy & Poochie Show"168 - 8.1516 de febreiro de 19974F11"Homer's Phobia"169 - 8.1623 de febreiro de 19974F14"Brother from Another Series"170 - 8.172 de marzo de 19974F13"My Sister, My Sitter"171 - 8.1816 de marzo de 19974F15"Homer vs. The Eighteenth Amendment"172 - 8.196 de abril de 19974F09"Grade School Confidential"173 - 8.2013 de abril de 19974F16"The Canine Mutiny"174 - 8.2120 de abril de 19974F17"The Old Man and the Lisa"175 - 8.2227 de abril de 19974F18"In Marge We Trust"176 - 8.234 de maio de 19974F19"Homer's Enemy"177 - 8.2411 de maio de 19974F20"The Simpsons Spin-Off Showcase"178 - 8.2518 de maio de 19974F21"The Secret War of Lisa Simpson"

Notas

Bibliografía Richmond, Ray; Coffman, Antonia, eds. (1997). The Simpsons: A Complete Guide to Our Favorite Family (en inglés). Harper Collins Publishers. ISBN 0-00-638898-1.

Categoría:Temporadas de The Simpsons