Xabier Arzalluz Antia, nado en Azkoitia o 24 de agosto de 1932 e finado o 28 de febreiro de 2019, foi un político vasco.

Traxectoria

Naceu nunha familia de ideoloxía carlista, estudou cos xesuítas en Durango, estudou dereito, filosofía e teoloxía, pasou un tempo en Alemaña preparando unha tese sobre a democracia cristiá alemá, á súa volta ordénase sacerdote, e deu clases na Universidade de Deusto. En 1968 entrou, no entón clandestino, PNV, e en 1971 xa lideraba o PNV en Biscaia. Nesa época deixa o sacerdocio e casa. Deputado no Congreso dos Deputados (1977-1979), foi o presidente do Euskadi Buru Batzar (EBB), e polo tanto líder do PNV, entre 1980 e 2004.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Azkoitia Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Políticos do PNV Categoría:Profesores da Universidade de Deusto Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)