The Universal Want é o quinto álbum de estudio da banda británica de indie rock Doves, publicado o 11 de setembro de 2020 a través dos selos Heavenly Recordings e Virgin/EMI. The Universal Want é o primeiro disco do grupo tras o hiato que comezara no ano 2010; durante ese tempo os membros de Doves dedicáronse aos seus proxectos en solitario.

Tres sinxelos dixitais precederon o lanzamento do álbum a mediados de 2020: "Carousels" en xuño, "Prisoners" en xullo, e "Cathedrals of the Mind" en agosto. Doves tamén anunciou unha xira por todo o Reino Unido para promover o álbum, programada para os meses de marzo e abril de 2021. The Universal Want foi aclamado pola crítica e foi un éxito comercial, entrando no número 1 da lista británica de álbums e sendo o terceiro disco da banda en acadar esa posición.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Doves Categoría:Álbums musicais de 2020