William Anthony "Bill" Oefelein, nado en Fort Belvoir, Virxinia, o 29 de marzo de 1965, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-116.
Traxectoria Oefelein graduouse en enxeñaría eléctrica pola Universidade do Estado de Oregón en 1988 e é máster en sistemas de aviación polo Instituto Espacial da Universidade de Tennessee en 1998.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1998, participando na misión STS-116 e pasando un total de 12,86 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-116
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Virxinia