Brigitte Schwaiger, nada en Freistadt o 6 de abril de 1949 e finada o 26 de xullo de 2010, foi unha escritora austríaca. A súa novela Como chega o sal ao mar (1977) tivo moita repercusión ao falar da monotonía da vida de casada dende unha perspectiva autobiográfica.

Traxectoria

Era filla dun doutor e neta de Carola Seligmann, unha cantante de ópera que morreu no campo de concentración de Theresienstadt.

Schwaiger foi á escola secundaria en Freistadt ata 1967 e despois estudou dous semestres de Psicoloxía, e Filoloxía xermánica e románica en Viena. En 1968, casou cun funcionario español e trasladouse con el a Madrid e a Mallorca antes de se divorciar aos catro anos.

En 1972, regresou a Austria e asistiu á Academia Pedagóxica en Linz onde actuou a tempo parcial en teatros e traballou como asistente de produción en ORF (Österreichischer Rundfunk - Austrian Broadcasting).

A súa primeira novela, Wie kommt das Salz ins Meer? (1977) (Como chega o sal ao mar?) converteuse nun best-séller sensacional que vendeu centenares de miles de copias na comunidade de lingua alemá. A historia en boa medida autobiográfica conta a monotonía da vida matrimonial diaria e as tentativas infrutuosas de fuxir dela. En 1988 foi dramatizada nun filme alemán de Peter Beauvais, protagonizando por Nicolin Kunz e Siemen Rühaak.

A pesar de que os seus traballos máis tardíos non conseguiron o éxito da súa primeira novela, Fallen lassen, un relato que manifestaa súa experiencia en psiquiatría, foi aclamado pola crítica. Os seus problemas mentais estaban cada vez máis agudizados e foi diagnosticada de depresión endóxena.

Brigitte Schwaiger foi atopada morta nun ramal do río Danubio en Viena a finais de xullo de 2010. Avaliouse que cunha alta probalidade fora un suicidio. A miúdo falaba sobre "o xeito máis curto" que lle gustaría escoller.

Premios

1984 Premio de cultura da Alta Austria.

Obra Como chega o sal ao mar (orix. Wie kommt das Salz ins Meer, 1977). ISBN 978-84-128075-4-7Traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato (Editorial Hugin e Munin, 2024) Mein spanisches Dorf (1978) Lange Abwesenheit (1980) Die Galizianerin (1982) Der Himmel ist süß – Eine Beichte (1984) Mit einem möcht' ich leben (1987) (poemas) Liebesversuche (1989) Schönes Licht (1990) Tränen beleben den Staub (1991) Der rote Faden (1992) Jaro heißt Frühling (1994) Ein langer Urlaub (1997) Fallen lassen (2006) (describe a súa experiencia coa psiquiatría)

Notas

Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en 1949 Categoría:Escritores de Austria Categoría:Nados no estado da Alta Austria